José Frau
José María Isidro Frau y Ruiz, nado o 15 de maio de 1898 en Vigo e finado o 24 de marzo de 1976 en Madrid, foi un pintor de orixe galega.
José Frau | |
---|---|
Nome | José María Isidro Frau y Ruiz |
Nacemento | 15 de maio de 1898 |
Vigo | |
Falecemento | 24 de marzo de 1976 |
Madrid | |
Nacionalidade | Español |
Cónxuxe(s) | Margarita González Giraud |
Influenciado por | Antonio Muñoz Degrain |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Fillo dunha andaluza e un mallorquino, carabineiro destinado en Vigo, con tres anos abandonou Galicia.
Estudou na Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, sendo discípulo de Antonio Muñoz Degrain.
Expuxo en Pittsburgh e viaxou a Buenos Aires e Montevideo. En 1950 foi a vivir a México onde expón, así coma en Nova York. Fixou a súa residencia definitiva en España, na provincia de Guadalajara, en 1966.
Pódese apreciar obra de Frau no Museo Municipal Quiñones de León (sala monográfica con nove cadros doados polo autor), na Colección Afundación,[1] no Museo Provincial de Pontevedra,[2] no Museo de Belas Artes da Coruña,[3] e no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Amais diso, ten obra no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía[4] e en pinacotecas de París, Pittsburgh, Moscova, Nova York, Buenos Aires, California e Alemaña.
En Vigo, unha rúa, entre as rúas Álvaro Cunqueiro e López Mora, leva o nome do pintor.
NotasEditar
- ↑ Frau na Colección Afundación.
- ↑ Frau no Museo de Pontevedra: "Figura, mujer con gato". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.;Paisaje con bañistas Arquivado 19 de abril de 2015 en Wayback Machine.; Paisaje Arquivado 19 de abril de 2015 en Wayback Machine.; En el portal, José y María Arquivado 19 de abril de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Frau Arquivado 20 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. no Museo de Belas Artes da Coruña.
- ↑ Frau no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Castro Arines, José de: J. Frau. Exposición monográfica. Vigo, Caixavigo, 1984.
- Chamoso Lamas, Manuel; Arte en Galicia. Barcelona, Edit. Noguer, 1976.
- Ilarri Gimeno, Angel; Catálogo do Pazo Museo Quiñones de León, Vigo, Concello, 1978.
- López Vázquez, Xosé Manuel; artigo "FRAU, José" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- Mon Rodríguez, Fernando; Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia, 1987.
- Pablos, Francisco (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 176–177. ISBN 84-7231-603-3.
- Pablos, Francisco (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. p. 108-111. ISBN 84-95364-15-8.