Álvaro López Mora

político español

Álvaro López Mora, nado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1853 e finado en Madrid o 26 de abril de 1917, foi un avogado e político galego.

Modelo:BiografíaÁlvaro López Mora

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1853 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de abril de 1917 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Joaquín López de Amarante, licenciouse en Dereito e emigrou a Cuba onde obtivo a cátedra de Dereito Canónico na Universidade da Habana e ingresou na carreira xudicial. Regresou a España en 1886. Amigo persoal de Eugenio Montero Ríos, militou no partido Liberal. Foi deputado por Padrón en 1886 e 1891, en 1898 e 1901 foi elixido deputado por Xinzo de Limia e en 1905 foi deputado por Huelva. Foi senador pola provincia da Coruña (1893-1894), pola provincia de Cáceres (1903-1904) e senador vitalicio (1911-1914). Foi director xeral do Contencioso (1898), de Administración local (1905) e de Comunicacións (1907) e tamén Subsecretario de Xustiza (1909). Estaba casado con Manuela Gasset Chinchilla. Colaborou en El Imparcial, que dirixía o seu cuñado Rafael Gasset Chinchilla.

 
Casas para Álvaro López Mora, en Vigo.[1]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar