Francisco Rizi
Francisco Rizi, nado en Madrid en 1608 e finado en El Escorial en agosto de 1685, foi un pintor barroco español da Escola madrileña de pintura.
Francisco Rizi | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 9 de abril de 1614 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Falecemento | 2 de agosto de 1685 |
Lugar de falecemento | San Lorenzo de El Escorial |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pintor, artista e escenógrafo |
Pai | Antonio Ricci |
Irmáns | Juan Andrés Ricci |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo dun pintor italiano, Antonio Ricci, que viu a España para pintar no mosteiro do Escorial, era irmán do tratadista frei Juan Rizi. Francisco foi discípulo do Vicenzo Carducci (cuxo nome é castelanizado, con frecuencia, como Vicente Carducho). Ingresou na orde dos bieitos.
Fixo forte amizade co pintor asturiano, radicado en Madrid, Juan Carreño de Miranda. Ambos colaboraron en numerosas obras. Coa chegada dos italianos Mitelli e Colonna, fresquistas, Carreño e máis el, aproveitaron para aprenderen as técnicas da pintura mural, pintando conxuntamente frescos na igrexa de San Antonio dos Portugueses, en Madrid,e na capela do Sagrario na catedral de Toledo. Só realiza os frescos da capela dos Milagros no convento da Descalzas Reais, novamente na capital española.
Por medio dos seus discípulos máis notábeis están Claudio Coello, José Antolínez e Juan Antonio Escalante, Rizi contribuíu de xeito indelébel á reafirmación da Escola madrileña de pintura.
ObraEditar
- Virxe con san Filipe e san Francisco (1650), igrexa dos capuchinos de El Pardo.
- Espolio de Cristo (1651).
- Inmaculada Concepción (ca. 1670), Museo Provincial de Cádiz.
- Auto da Fe (1683), Museo do Prado, Madrid, de grande interese documental, que ilustra unha condena inquisitorial coetánea executada na Praza Maior de Madrid.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Rizi |
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |