Víctor Morelli

(Coruña, 1860-1936) pintor

Víctor Morelli Sánchez-Gil, nado na Coruña o 19 de setembro de 1860 e finado en Madrid o 20 de abril de 1936, foi un oficial da Garda Civil e pintor galego de temática militar (batallas e retratos).

Infotaula de personaVíctor Morelli

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1860 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de abril de 1936 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , garda civil Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O seu pai, Vicenzo Morelli Bartolami, era de ascendencia italiana e foi cantante de ópera, e a súa nai, Pastora Sánchez-Gil Taboada, coruñesa, que tamén era unha fervente afeccionada da música. Víctor ingresou en 1878 como soldado no Rexemento de Infantaría Asia Nº 59, para pasar despois á Academia de Infantería de Toledo. Aos catro anos ascendeu a alférez, sendo o seu primeiro destino Barcelona, onde estudou debuxo e pintura no taller de Jose Serra Porsón.

Cando chegou destinado a Madrid seguiu os estudos no Círculo de Bellas Artes, formando parte do grupo de copistas do Museo Nacional del Prado. Tamén viaxou por Italia. Sabía tocar o piano e o violín e tiña voz de barítono. Veraneaba na súa casa de Almeiras, Culleredo. En 1887 solicitou o pase á Garda Civil co grao de tenente primeiro, chegando a ser coronel en activo e xeneral inspector honorario do corpo ao pase á situación de reserva.

Teñen obra súa, entre outras institucións, o Museo do Prado,[1] o Museo de Belas Artes da Coruña,[2] a Academia de Cabalería de Valladolid, o Museo de Intendencia de Ávila,[3] o Museo do Exército e o Museo Militar Rexional da Coruña.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Museo Nacional del Prado (en castelán).
  2. Víctor Morelli Sánchez Gil no Museo de Belas Artes da Coruña
  3. 3,0 3,1 Guío Castaños; Guío Martín (2007). El Palacio de Contreras y la Academia de Intendencia en Ávila (en castelán). Fundación Sánchez-Albornoz. pp. 159–161. ISBN 978-84-611-9741-5. 
  4. A Batalla de Castellfollit tivo lugar en 1874, na Terceira guerra carlista.
  5. A Batalla de Treviño tivo lugar en 1875, na Terceira guerra carlista.
  6. A Batalla de Rocroi tivo lugar en maio de 1643, na Guerra dos Trinta Anos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar