Oestrimnios
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2020.) |
Os oestrimnios[1] (en latín: Oestrimni, quere dicir extremo oeste) eran un pobo que, segundo Avieno, constituía a poboación indíxena do occidente peninsular á chegada dos saefes. Oestremni significaría "<pobo do> extremo occidente". O seu territorio estendíase dende Galicia ata o Algarve actual.
A primeira invasión, segundo a tradicional teoría das invasións, documentada ocorreu moito antes do nacemento de Cristo, cando os ofis e outras tribos irromperon na Península Ibérica e colonizaron as terras fértiles dos oestrimnios, en torno ós ríos Douro e Texo.
Florentino López Cuevillas preséntaos, na súa obra Os Oestrimnios e os Saefes e a Ofilatría na Galiza, como o substrato autóctono fronte aos invasores célticos, os saefes. Estas teorías están baseadas na historiografía romana e hoxe en día foron case totalmente abandonadas.
Notas
editar- ↑ Definición de oestrimnios no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.