Xulio Alonso Cuevillas

avogado español

Xulio Alonso-Cuevillas Álvarez Seara, nado en Ourense e finado na mesma cidade en 1936, foi un avogado do estado galego, irmán da nai e, por tanto, tío de Florentino López Cuevillas.

Xulio Alonso Cuevillas
Nacemento?
Lugar de nacementoOurense
Falecemento1936
Lugar de falecementoOurense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado
PaiHilario Alonso-Cuevillas
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Nunha homenaxe a Marcelo Macías en 1917, de pé (de esq. a der.): Losada Diéguez, José Osorio Martínez, Julio A. Cuevillas, Emilio Vázquez Pardo e Jesús Soria. Sentados: Manuel Cambón Fraga, Antonio Gaite Lloves, Benito Fernández e Emilio Amor.

Estudou a carreira de dereito na Universidade de Santiago de Compostela. O título de licenciado foille expedido en 1888.[1] En 1892 aprobou a oposición de avogado do estado.[2]

Foi amigo de Ramón María del Valle-Inclán. Afeccionado ós estudos históricos e filosóficos, publicou na revista Nós os artigos "O monopolio do comercio do diñeiro"[3] e "Un punto de vista do nazonalismo":[4]

Fai falla pol-o tanto nos críticos momentos autuás unha nova regra xurídica que regule as relaciós das naciós particulares que conviven dentro de cada estado, e tamén dos diferentes grupos tormados pol-as comunidás de traballo. Pra conseguilo, craro está, que é de necesidá entrar de cheo n-un período costituyente, pois pra que semellante revolución sexa eficaz desde os primeiros momentos terá que ser incruenta […].

— Julio A. Cuevillas, "Un punto de vista do nazonalismo". Maio 1922.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar