Crónica de Pontevedra
Crónica de Pontevedra[1] foi un xornal editado en Pontevedra entre 1886 e 1889.
Crónica de Pontevedra | |
---|---|
Fundación | 1886 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarLogo do banquete celebrado na Caeira o 15 de agosto de 1885 no que se celebrou a fusión das dúas faccións do Partido Liberal, a fusionista e a esquerdista, co pacto entre os seus xefes, o marqués de la Vega de Armijo e Montero Ríos, estableceuse a necesidade dun periódico que defendese este partido. Subtitulado Diario político, apareceu o 1 de maio de 1886. Na súa Carta-programa aparecida no número un, proclamábase órgano do Partido Liberal dinástico da provincia de Pontevedra. Esta orientación mantívose até xullo de 1887, cando se pasou ao Partido Liberal-Reformista. Periódico diario, só deixaba de publicarse os domingos e festivos. Estaba dirixido por José María Millán. Entre os seus redactores figuraron Emilio Álvarez Giménez, Torcuato Ulloa, Ángel Limeses Castro, Antonio Alonso, Ángel Cobián Areal, Ramiro Vieira e Anciles. A partir do número 281 aparecido o 15 de abril de 1887 cambiou o seu subtítulo por Periódico diario. Publicou como folletíns Biográfía del ilustre marino Excmo. Señor D. Casto Méndez Núñez de Ramiro Vieira Durán e Vocabulario español de las voces más usuales de Ricardo Barros Pintos (1888). O último número do que se ten constancia é do 26 de agosto de 1889.
Notas
editar- ↑ Santos Gayoso (1990) afirma a existencia de Crónica de Pontevedra en 1885 e di que existiu La Crónica en 1886, que debe tratarse do mesmo xornal.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Crónica de Pontevedra". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Crónica de Pontevedra". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- López Otero, José (1899). El periodismo en Pontevedra. Pontevedra: Imp. de Rogelio Quintáns. p. 68.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.