Ramiro Vieira
xornalista e escritor galego
Ramiro Vieira Durán, nado en Pontevedra en 1873 e finado en Vigo o 16 de abril de 1920,[1] foi un xornalista e precoz escritor galego en lingua castelá.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1873 Pontevedra, España |
Morte | 16 de abril de 1920 (46/47 anos) Vigo, España |
Causa da morte | Varíola |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | María del Carmen López Mariño |
Irmáns | Javier Vieira Durán |
Descrito pola fonte | Diccionario bio-bibliográfico de escritores |
Traxectoria
editarFillo de Francisco Vieira Carballo, procurador e alcalde accidental de Pontevedra, e de Amalia Durán Hermida, Ramiro foi procurador e traballou no Ministerio de Facenda. Foi redactor de El Látigo, colaborou en O Galiciano, A Monteira e A Tía Catuxa, dirixiu o periódico ¡Beso a Vd. la mano!, foi director literario de La Revista Popular (1892) e fundou e dirixiu a revista Ilustración Gallega (1911-1914). Foi presidente da Asociación de escritores gallegos laureados.
Foi correspondente da Real Academia Galega.
Obras
editar- Biografía del ilustre marino Excmo. Señor D. Casto Méndez Núñez, 1888 (folletín de Crónica de Pontevedra)
- Hojas secas, 1892 Pontevedra.
- Átomos, 1892 Lugo. Tivo edicións posteriores aumentadas.
- Estudios religiosos y sociales, 1893 Pontevedra.[3]
- Píldoras, ejercicios poéticos, 1894 Pontevedra.
- La cuestión social, 1903 Madrid.
- Siluetas de las personalidades mas salientes de Galicia, 1907 Vigo.
Vida persoal
editarCasou con Carmen López Mariño.
Biblioteca virtual
editarNotas
editar- ↑ El Diario de Pontevedra, 26-4-1920, p. 3.
- ↑ Bará 2024.
- ↑ Con prólogo de Emilio Villelga Rodríguez.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramiro Vieira |
Bibliografía
editar- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 505.
Ligazóns externas
editar- Bará, Milagros (7/1/2024). "Ramiro Vieira, el escritor precoz". Diario de Pontevedra (en castelán).