El Látigo (Pontevedra)
El Látigo foi un semanario editado en Pontevedra entre 1886 e 1889.
El Látigo | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 1886 |
Remata | 1889 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Enciclopedia Galega Universal e Diccionario da literatura galega |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Periódico Jocoserio Independiente, apareceu o 9 de maio de 1886 como continuación de La Voz Escolar, pero con obxectivos diferentes. Posteriormente cambiou o subtítulo por Periódico Independiente. Saía inicialmente os domingos.[1] A redacción estaba formada por Eduardo Pardo Gómez, Ramiro Vieira e Máximo Tomé. Foi denunciado en decembro de 1886.[2]
Segunda etapa
editarTivo unha segunda etapa a partir de abril de 1889[3] dirixido por Ricardo Miser, con Francisco Prieto Losada e Galo Páramo como redactores. Foi un xornal de tendencia republicana e progresista e partidario da soberanía popular, que propoñía un cambio político con métodos exclusivamente pacíficos. O periódico denunciaba todo o que consideraba arbitrario e defendía a liberdade de prensa, presentando un panorama dramático da España do momento (desprestixio, ruína económica, pobreza cultural, problemas sociais...). Manifestaba a súa decepción co goberno de Práxedes Mateo Sagasta. Nesta segunda etapa serviu de voceiro dos republicanos pontevedreses. Cesou a súa publicación co número 17, en setembro de 1889.[4]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- "Látigo, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Látigo, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.