Francisco Prieto Losada
Francisco Prieto Losada, nado en Manzaneda en 1853, foi un fotógrafo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1853 (170/171 anos) Manzaneda, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, fotógrafo |
Traxectoria
editarEmigrou a América, onde aprendeu o oficio de fotógrafo. Retornou convertido ao protestantismo, e instalouse en Madrid compaxinando o traballo de fotógrafo coa divulgación da súa fe. Na capital coñeceu á súa muller Soledad García.
En 1881 instalouse en Ourense e abriu o estudio La Luz Universal. Continúa cos seus labores pastorais, visitando toda Galicia. Trasladouse a Pontevedra, onde desenvolveu a súa etapa máis recoñecida como fotógrafo e foi redactor de El Látigo. En 1892 abandona Pontevedra e marcha a Madrid e instala un estudio na rúa Carranza. En 1897 promoveu unha iniciativa para dar a coñecer Galicia en Madrid mediante unha exposición de fotografías no seu estudio.
Tamén foi masón.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Echave Durán, María Cristina (1999). "Unha aproximación á figura do fotógrafo Francisco Prieto". El Museo de Pontevedra (53): 463–474.