Torcuato Ulloa
xornalista e escritor galego
Torcuato Ulloa Varela, nado en Pontevedra en 1863 e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 1946, foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1863 Pontevedra, España |
Morte | 16 de agosto de 1946 (82/83 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Isolina Martínez Besada |
Irmáns | Darío Ulloa Renato Ulloa |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Ulloa (Torcuato), p.458) |
Traxectoria
editarNa súa xuventude viviu en París e despois residiu en Madrid onde colaborou en El Imparcial. Regresou a Pontevedra e traballou na Sección de Fomento. Participou na creación da revista El Adelanto, foi redactor de La Voz de Helenes e fundou o periódico El Noticiero Gallego e a revista ilustrada Galicia Cómica. Colaborou en Crónica de Pontevedra, Galicia Moderna e Diario de Pontevedra e foi correspondente de El Imparcial de Madrid e La Vanguardia de Barcelona.
Obras
editar- Arlequinada, 1893, A. Landín Editor.[1] Hai unha edición facsímile de Ediciós do Castro.
Recoñecementos
editarGran Cruz de Afonso XII, polo seu labor na Sociedade Económica de Amigos do País.
Vida persoal
editarFoi irmán de Renato Ulloa. Casou con Isolina Martínez Besada.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 428.