Emilio Álvarez Giménez

escritor e político galego

Emilio Álvarez Giménez, nado en Pobra de Seabra o 21 de marzo de 1830[1] e finado en Pontevedra o 12 de xuño de 1911, foi un dramaturgo, rexionalista e político galego.

Modelo:BiografíaEmilio Álvarez Giménez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1830 Editar o valor en Wikidata
Pobra de Seabra, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xuño de 1911 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, profesor de ensino secundario, dramaturgo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeNatalia Novoa Limeses
Amalia Limeses Iglesias Editar o valor en Wikidata
FillosNatalia, Xerardo, Amparo, Consuelo, Darío, Consuelo, Carmen, José, María de los Ángeles e José Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1192428

Traxectoria

editar
 
Arriba de esq. a der.: Darío Álvarez Limeses, Emilio Álvarez Giménez e Xerardo Álvarez Limeses. Abaixo de e. a d.: María Álvarez Limeses (muller de Celso García de la Riega), Carmen Álvarez Limeses (muller de José Buela), Amalia Limeses Iglesias (muller de Emilio), o neno Xosé Álvarez Limeses e María Gallego Martínez (muller de Xerardo).

Emilio Álvarez Giménez naceu en Pobra de Seabra no ano 1830. En 1857 foi destinado en Pontevedra para levar a Cátedra de Estudos Clásicos e Casteláns do instituto local. Dende aquel momento quedaría moi ligado á cidade do río Lérez, onde se asentou definitivamente. Tomou contacto con integrantes do movemento do Rexionalismo. Como militante liberal, integrouse no Comité Revolucionario de Pontevedra en 1868. Participou activamente no xornalismo pontevedrés colaborando en Galicia Humorística, El Iris, El Eco de Pontevedra, La Reforma, El Voto Popular, Los Maestros de España, Crónica de Pontevedra, La Revista Popular, e dirixindo El Fénix, El Alerta, El Dictamen, La Paz e El Eco de Tambo.

No instituto onde exerceu o seu labor docente creou un cadro teatral. Álvarez Giménez é autor da primeira peza teatral de temática histórica escrita en lingua galega, cuxo título é Mari-Castaña. Unha Revolta Popular (1884), que non chegou a ver a luz naquela época. Tamén é autor dunha biografía do padre Sarmiento, un Refranero Gallego e varias composicións poéticas.

Ocupou igualmente cargos políticos como a vicepresidencia da Deputación Provincial de Pontevedra. Tamén foi Xefe Superior Honorario da Administración Civil e conselleiro de instrución pública. Ocupou igualmente cargos non políticos de importancia, como a presidencia da Sociedad Económica de Pontevedra.

Casado en primeiras nupcias con Natalia Novoa Limeses e logo do seu falecemento coa curmá da súa primeira muller, Amalia Limeses Iglesias, del descenderán importantes escritores e intelectuais galegos, como Xerardo Álvarez Limeses, Darío Álvarez Limeses, Emilio Álvarez Blázquez, Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé María Álvarez Cáccamo, Celso Álvarez Cáccamo e Emilio Álvarez Negreira.

Álvarez Giménez finalizou os días en Pontevedra no ano 1911.

Obra en galego

editar

Teatro

editar

Obra en castelán

editar

Teatro

editar
  • Blas el armero, 1855.
  • Payo Gómez Chariño, 1867.
  • El manojo de espigas, 1878, premiado no Certame Literario de Lugo.
  • A bordo de la Numancia, 1878.
  • En la piedra de toque, 1878.
  • Judit o la heroína de Betulia, 1906.
  • A rajatabla, 1908.

Ensaio

editar
  • Estudio sobre las faltas del lenguaje que se cometen en Galicia, 1870[2], reeditado e ampliado en 1872 co título Los defectos del lenguaje en Galicia, y en la provincia de León.
  • Estudio gramatical basado en la doctrina de la Academia y en el uso de los buenos escritores.
  • Biografía de Fray Martín Sarmiento y noticia de sus obras, 1884.
  • Literatura Preceptiva o Retórica y Poética.
  • Refranero agrícola y metereológico gallego, 1904.

Poesía

editar
  • Humildes, 1900.
  1. Álvarez Rey, E. (2018). "Alicerces". Boletín da Real Academia (369). p. 57. 
  2. "Variedades". El Eco del Liceo. 8 de maio de 1870. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar