Duxame, Vila de Cruces
San Miguel de Duxame é unha parroquia do concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 66 habitantes (36 mulleres e 30 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 97 habitantes.
Duxame | |
---|---|
Igrexa de San Miguel de Duxame, Vila de Cruces.JPG | |
Concello | Vila de Cruces[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°50′24″N 8°10′56″O / 42.8401342, -8.18225047Coordenadas: 42°50′24″N 8°10′56″O / 42.8401342, -8.18225047 |
Poboación | 66 hab. (2012) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
Está situada ao N-NW da capital, cunha orografía relativamente plana con lixeira inclinación orientada ao sur.
PatrimonioEditar
IgrexaEditar
Data do século XVIII. A planta e unha cruz grega dunha soa nave e dúas ábsidas. A cuberta e unha bóveda de canón. A porta principal está formada a base de arquivoltas tóricas en medio punto peraltado. A torre do campanario é de tres corpos, e o presbiterio está debaixo dunha bóveda de canón que apoia nun arco de medio punto peraltado.
A igrexa foi unha doazón de Domingo Antonio Otero Bermúdez de Soutomaior nado na casa grande de Duxame e nese momento alguacil da cidade de Manila. Tamén foi doada por esta familia a imaxe do San Miguel feito en marfil e desaparecido no 1977.
Arquitectura civilEditar
Duxame conta cun pazo procedente dos Otero, coñecido como Casa de Outeiro ou Casa Grande de Duxame.
Ligazón de Duxame co apelido OteroEditar
Algunhas polas dos Otero pasaron a Galicia, onde formaron as casas solariegas en Duxame, Vista Alegre (concello de Vilagarcía de Arousa), Cedeira, San Simón de Cacheiras, Palmeira e Santa María de Reboreda. Outras polas desta liñaxe estendéronse pola Arxentina e o Novo Reino de Granada (Colombia), deste último destaca Blas de Otero, capitán de Milicias de Magangué; e Andrés de Otero y Noya, fillo do anterior, que foi rexedor, correxedor e alcalde de Santafé de Bogotá, e que posuíu unha importante fortuna, sendo voz común que gardaba nun armario 200.000 pesos en onzas.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Duxame, Vila de Cruces.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de DuxameEditar
Lugares da parroquia de Duxame no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
---|---|
Duxame | Moreira | San Miguel |
Parroquias de Vila de CrucesEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Diccionario Hispano de Apellidos. Tomo III