Brandariz, Vila de Cruces
San Miguel de Brandariz é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 263 habitantes (135 homes e 128 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 351 habitantes.
Brandariz | |
---|---|
Igrexa de Brandariz. | |
Concello | Vila de Cruces[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°48′41″N 8°18′24″O / 42.8114262, -8.3066219 |
Poboación | 263 hab. (2012) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarHoubo un mosteiro familiar fundado nos séculos X-XI. A primeira referencia é de 1087, cando a infanta Dona Elvira inclúeo nunha doazón que fai á igrexa de Santiago. Puido depender do veciño mosteiro de Piloño, e correu a mesma sorte ao incorporarse os seus monxes ao mosteiro de Camanzo.
A igrexa de San Miguel de Brandariz foi levantada cara a 1700 polos mercedarios de Conxo. No lugar de Pinlle, hai unha capela dedicada a San Benito.
A Casa dos Castro ten escudo e escalinata de época.
A Mascarada, unha celebración do Entroido, foi moi famosa.
Hai unha lenda dunha espada de ouro guindada ao río Ulla para honrar a memoria dun guerreiro[2].
Galería de imaxes
editar-
Capela de San Bieito en Pinlle.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Aparece unha lenda inédita: a lenda da espada de Brandomés, en Vila de Cruces", artigo no blog Palabras de Pedra, 11 de febreiro de 2014.
Lugares e parroquias
editarLugares de Brandariz
editarLugares da parroquia de Brandariz no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
---|---|