Sabrexo, Vila de Cruces
parroquia civil do concello de Vila de Cruces
Santa María de Sabrexo é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 273 habitantes (141 mulleres e 132 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 391 habitantes.
Sabrexo | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Sabrexo. | |
Concello | Vila de Cruces[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°47′04″N 8°11′42″O / 42.78431945, -8.19513759Coordenadas: 42°47′04″N 8°11′42″O / 42.78431945, -8.19513759 |
Poboación | 273 hab. (2012) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarSabrexo foi ata o século XVIII freguesía autónoma, cunha pequena igrexa dedicada a San Miguel.
A casa-torre de Sabrexo aparece mencionada en textos antigos.
Nesta parroquia naceu o bispo de Ourense e, posteriormente, de Tui-Vigo Luís Quinteiro Fiúza.
Patrimonio
editarA igrexa de Santa María de Sabrexo mostra o lado sobrio do barroco rural, ten o escudo da Orde dos Dominicos nunha das súas capelas.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Sabrexo, Vila de Cruces.
-
Cruceiro no cemiterio de Sabrexo.
-
Placa no parque de Sabrexo.
Lugares e parroquias
editarLugares de Sabrexo
editarLugares da parroquia de Sabrexo no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
---|---|
Barral | Cortizada | Fontarcada | A Lama | Orza | O Outeiro | Sabrexo | Souto |