Evaristo Calvo
Evaristo Calvo Valcárcel, nado na Coruña en 1961, é un director e actor de teatro, televisión e cine galego. Forma parte xunto con Víctor Mosqueira do dúo cómico Mofa e Befa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, actor |
Traxectoria
editarFoi Premio María Casares a Mellor Actor Secundario (Anxeliños) e Mellor Dirección (Qui pro Quo). Premio AGAPI ’96 ao mellor actor co tándem “Mofa e Befa” (con Víctor Mosqueira) por "A gran liquidación". Este premio foi concedido ex aequo con R. Sánchez “Luna”.[1] Xograr de Outono do FIOT na 31 edición de 2022.[2]
Guionista de varios espazos da TVG (Apaga a luz, Con Perdón, Mañá será outro día) e director de diversos espectáculos (Qui pro quo, Hotel Run).[3]
Traballou como actor teatral nas compañías Dantehea, Escola Dramática Galega, Teatro do Atlántico, O Moucho Clerc, Ollomol-Teatro Submarino, Centro Dramático Galego, Ollomol Tranvía, Teatro do Aquí, Mofa e Befa. E nos espectáculos O proceso de Lucullus, Os perxuicios do tabaco, Adeua Madelónm Moleques, Historia de Neera, Fas e Nefas, O Rousiñol da Bretanha, O Incerto señor Don Hamlet, Soño dunha noite de Verán e Commedia, un xoguete para Goldoni, Raíñas de pedra, O rei nu, Anxeliños, Para ser exactos, Finis mundi circus. Participou na fundación de Ollomol-Teatro Submarino, Ollomol Tranvía, Mofa e Befa.[4]
Traballos
editar- Pesquisas: O caso das galiñas aforcadas (actor, 1991)
- Cielito lindo (actor, 1992)
- Dame lume (actor, 1993)
- A metade da vida (1994)
- As xoias da Señora Bianconero (1994)
- Mofa e Befa en Gran liquidación (1995)
- O rei nu (1995)
- Pratos combinados (1995)
- O cambio (1997)
- Dame algo (1997)
- Mareas vivas (1998)
- Manos a la obra (1998-2000)
- ¿A ti como se che di adeus? (1999)
- Apaga a luz (tamén guionista, 1999)
- Bobo Furcia (2002)
- A Promesa (2003)
- Máxima audiencia (2004)
- A miña sogra e mais eu (2004)
- Hai que botalos (2005)
- O don da dúbida (2005)
- Bechos raros (2006)
- Efectos secundarios (2007)
- Van de Sobra. Toda unha personaxe, (2007), curtametraxe de José Ángel Regueiro Rojo.
- Air Galicia (2007)
- As dunas (2009; como Serapio)
- Libro de familia (2009-2011). Tv serie.
- Matalobos (2009-2010; como o fiscal Martín Bueno)
- Un cranio furado (2010). Premio María Casares ó mellor actor protagonista por este papel en 2011.
- Oeste solitario (2011)
- Piratas (2011). Tv serie.
- Casa Manola (2014)
- E agora que? (2015). Serie tv.
- Fariña (2018). Mini serie tv.
- Peter Brandon (2018). Tv serie.
- Vivir sin permiso (2018). Tv serie.
- La cámara (2020). Curta.
Notas
editar- ↑ "Evaristo Calvo AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ culturagalega.org (2022-07-29). "O actor recibirá a distinción honorífica do certame carballés na súa 31ª edición". culturagalega.org. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Evaristo Calvo biografía, filmografía". LaHiguera.net (en castelán). Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Evaristo Calvo Valcárcel – Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2021. Consultado o 2022-08-09.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.