Mofa e Befa en Gran liquidación

curtametraxe

Mofa e Befa en Gran liquidación é unha curtametraxe muda en branco e negro protagonizada polo dúo cómico galego Mofa e Befa en 1995, escrita e dirixida por Jorge Coira e producida pola Escola de Imaxe e Son da Coruña.

Trátase dunha produción de 20 minutos de duración que conta a historia de dous asasinos a soldo que teñen que cumprir co encargo de matar a un ancián rico.

Intérpretes

editar
 
Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira na representación de Oeste solitario.

Premios

editar
  • Premio A Coruña... de cine ó mellor guión 1994 outorgado polo Concello da Coruña.
  • Mellor curtametraxe na I Semana de Cine Celta.
  • Premio AGAPI ’96 ó Mellor Actor, ex aequo para Luna e para o tándem Mofa e Befa (Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar