Bechos raros
Bechos raros é unha curtametraxe galega escrita e dirixida por Alegría Collantes e Estíbaliz Burgaleta no ano 2006. Rodouse en Santiago de Compostela no verán dese ano tras gañar o seu guión o III Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, CurtoCircuíto’06.
Bechos raros | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Bechos raros |
Director | Alegría Collantes e Estíbaliz Burgaleta |
Guión | Alegría Collantes e Estíbaliz Burgaleta |
Intérpretes | Xulio Abonjo, Elisa Alvariño, Susana Barallobre, Camila Bossa, Evaristo Calvo, Tamara Canosa, Uxía Crespo, Laura Fandiño, Mónica García, Bárbara Grandío, Nati Juncal, Kimera Linares, Alejandro Neira, Javier Varela, Estíbaliz Veiga |
Estrea | 2006 |
Duración | 11 minutos |
Orixe | Galicia |
Cun elenco formado integramente por actores galegos, esta comedia de 11 minutos de duración conseguiu tamén o premio á mellor curtametraxe do Festival de Cine de Peñíscola.
Está producida por Ficción Producciones e contou cunha subvención da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.