Tamara Canosa
Tamara Canosa Ferrío, nada na Coruña o 12 de abril[Cómpre referencia] de 1983,[1] é unha actriz e directora de cinema[2] galega.
Tamara Canosa | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Tamara Canosa Ferrío |
Nacemento | 12 de abril de 1983 |
Lugar | A Coruña, ![]() |
Nacionalidade | España |
Profesión | Actriz |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Comezou na pequena pantalla en series e telefilmes autonómicos a finais dos anos 90, con papeis de adolescente. Así, encarnou a Laura na serie Mareas vivas, dos capítulos 54 ao 150. Fixo roles secundarios en diversas producións, o que lle abriu as portas ao debut cinematográfico da man de Gerardo Herrero en Heroína.
Outro papel importante foi coma secundaria na serie da TVG Valderrei, con 95 episodios. Dende o 2005 combina papeis televisivos en series coa interpretación na grande pantalla, en curtas como Bechos Raros ou Juan Marante, e a participación no filme Pradolongo, que protagonizou xunto con Rubén Riós e Roberto Porto. O seu traballo nesta película valeulle o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista do ano 2008. No 2012 volveu á gran pantalla con Ignacio Vilar no filme Vilamor.
En 2015 pasou a formar parte da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.
Galardóns e nomeamentosEditar
Premios Mestre MateoEditar
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Mellor interpretación feminina secundaria | Valderrei | Nomeada |
2008 | Mellor interpretación feminina protagonista | Pradolongo | Gañadora |
NotasEditar
- ↑ CulturaGalega.gal (ed.). "Tamara Canosa en AVG". Consultado o 27 de febreiro de 2019.
- ↑ "Marelas Teatro estréase con 'Liberto'". Cultura Galega. 4 de marzo de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2019.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tamara Canosa |
Ligazóns externasEditar
- El escondite de las palabras, blog persoal.
- Ficha na AVG