Xúlio Abonjo

actor galego
(Redirección desde «Xulio Abonjo»)

Xúlio Abonjo Escudero, nado en Pontevedra o 4 de xuño de 1974, é un actor galego.

Xúlio Abonjo Escudero
Nacemento4 de xuño de 1974
LugarPontevedra
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor
Na rede
IMDB: nm1039202 Allocine: 255345
Facebook: abonjo Twitter: abonjo_x Instagram: abonjo_x Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou actuando en 1994 con Bacharel Teatro, actuou co Centro Dramático Galego no ano 2000 e é membro da compañía Bacana Teatro. Tamén representou montaxes teatrais coas compañías BaCaNa (2002,2008), Os Contracontos (2001,2005), Espello Cóncavo (1998) e coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (1997-1999).

Ten participado en diversas series que se emitiron na TVG (Galicia Express, Terra de Miranda ou A vida por diante, entre outras). En cine cabe salientar o seu traballo en películas coma O lapis do carpinteiro (2003), O ano da carracha (2004) ou A biblioteca da iguana (2006).

A partir de 2007 forma parte do elenco de Cuestión de sexo, serie emitida por Cuatro, supoñendo este o seu primeiro papel principal nunha serie de ámbito estatal.

Teatro editar

Televisión editar

Cinema editar

Curtametraxes editar

  • A escapada, 1998
  • Casi perfecto, 2003
  • Colores, 2004
  • Din que chove, 2005
  • Viaxe a Finlandia, 2005
  • Sin Plomo, 2006
  • Xan, a despedida, 2007

Galardóns e nomeamentos editar

Festival de Cans editar

Ano Categoría Filme Resultado
2007 Premio do xurado ao mellor actor Sen chumbo Gañador
2017 Premio do xurado ao mellor actor (ex aequo Ricardo de Barreiro) Einstein-Rosen Gañador

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Filme Resultado
2005 Mellor actor 4º sen ascensor Nomeado
2007 Mellor actor secundario Charly Gutbai Nomeado
2013 Mellor actor Encallados Nomeado

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar