Códice (miniserie)

Códice é unha miniserie de suspense galega que foi estreada na TVG. A miniserie conta a historia do roubo do Códice Calixtino na Catedral de Santiago de Compostela.[2] A primeira parte foi emitida o 23 de decembro de 2014, e a segunda o 30 de decembro.[3] A preestrea da miniserie realizouse o 18 de decembro no Teatro Principal de Santiago.

Códice
Ficha técnica
Título orixinalCódice
DirectorJorge Cassinello
GuiónGonzalo G. Veloso
IntérpretesMiguel de Lira
Francis Lorenzo
Antonio Durán "Morris"
María Vázquez
MúsicaPaco Lodeiro
FotografíaJerome Kim[1]
EstudioTVG
Ficción Producciones
DistribuidoraTVG
Estrea1ª parte: 23 de decembro de 2014
2ª parte: 30 de decembro de 2014
OrixeGalicia Galicia
XéneroSuspense
Na rede
IMDB: tt4153922 Filmaffinity: 538553
Facebook: codicecalixtino Editar o valor en Wikidata

Personaxes

editar

Produción

editar

A miniserie rodouse na cidade de Santiago de Compostela e mais na Catedral,[4] e as localizacións técnicas fixéronse en agosto de 2014. A rodaxe comezou o 8 de setembro[5] e rematou o 10 de outubro de 2014. A posprodución realizouse nos meses de outubro e novembro.

Galardóns e nomeamentos

editar

Nos Premios Mestre Mateo de 2014, Serramoura estivo nomeado en 3 premios, resultando gañador Antonio Durán "Morris" como mellor actor secundario pola súa interpretación de Xosé María, o deán da catedral.

Ano Categoría Receptor Resultado
2014 Mellor actor secundario Antonio Durán "Morris" Gañador
Mellor música orixinal Manuel Riveiro Nomeado
Mellor deseño de vestiario Eva Camino Nomeada
  1. Muñiz, Miguel (14 de outubro de 2014). "«¡Y acción!» en la nave central". ABC. Consultado o 24 de decembro de 2014. 
  2. "Morris interpreta o deán da catedral na miniserie da TVG "Códice"". A revista FDS. 21 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2014. 
  3. P. Pernas, Santiago (18 de decembro de 2014). "TVG estreará o martes a miniserie do roubo do Códice". elcorreogallego. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2014. 
  4. "Se preestrena la nueva miniserie de María Castro y Francis Lorenzo sobre el Códice Calixtino". 18 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2014. 
  5. crtvg.gal (ed.). "Comeza a rodarse a miniserie "Códice"". Consultado o 23 de decembro de 2014. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar