Miguel de Lira
Miguel Domingo García Martínez, coñecido como Miguel de Lira, nado en Lira (Carnota) en 1964, é un actor galego.
Miguel de Lira | |
---|---|
![]() Miguel de Lira nos Premios Mestre Mateo 2017. | |
Nome completo | Miguel Domingo García Martínez |
Nacemento | 1964 |
Lugar | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Profesión | Actor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
IniciosEditar
Comezou a interesarse pola interpretación cando estudaba Dereito na Universidade de Santiago.[1] Estudou interpretación, teatro e dicción con Martin Adejemian, Jesús Aladrén, Begoña Valle, Xan Cejudo e Fernando Balboa entre outros. Foi un dos fundadores do grupo de teatro galego Chévere, no que traballou activamente como actor, director e produtor dende 1986.
Debutou na televisión en 1989, no programa de humor da Televisión de Galicia, Velaí.... Ese mesmo ano debutou tamén no cine, facendo o papel de Suso en Urxa. En 1991 uniuse ao elenco de Unha de romanos. A partir de 1999 gañou gran popularidade en Galicia coa serie Mareas Vivas, no papel de Evaristo Currás, un personaxe secundario que acabou adquirindo gran protagonismo e converténdose nun dos favoritos do público.
Anos 2000Editar
Despois de Mareas Vivas e dunha pequena aparición na serie Periodistas, protagonizou o filme de 2002 sobre narcotráfico, Entre bateas, de Jorge Coira, polo que foi candidato a mellor actor nos Premios Mestre Mateo de 2002. Ademais tivo papeis secundarios nas películas O lapis do carpinteiro (2003), O agasallo de Silvia (2003), Secuestrados en Xeorxia (2003), Galatasaray-Dépor (2005) e Un franco, 14 pesetas (2006). Apareceu tamén con pequenos papeis nas series Pepe Carvalho, As leis de Celavella e A vida por diante, ata que en 2006 protagonizou a comedia de situación Pepe o inglés, que estivo dúas temporadas en antena.
Tras o final da serie participou en curtas como Temporada 92-93 (2007), filmes como Hotel Tivoli (2007), Os xirasois cegos (2008), A noite que deixou de chover (2008) ou Un bo home (2009) entre outros, e actuou na popular serie de Antena 3 Los hombres de Paco, onde fixo de Félix Montejo, o psiquiatra do protagonista. Ademais colaborou co grupo de rap Dios ke te crew, no seu disco Xénese, interpretando ao Cabo Ameneiro, un garda civil que interrompe unha festa do grupo.[2]
Anos 2010Editar
En 2010 traballou no filme A sinapse do códice e na premiada miniserie dirixida por Dani de la Torre, Mar Libre.[3] Ao ano seguinte protagonizou xunto a Sergio Zearreta o filme Crebinsky, do director Enrique Otero. A súa interpretación de Feodor Crebinsky neste filme valeulle un Premio Mestre Mateo ao mellor actor.[4] Tras iso, participou nas películas No habrá paz para los malvados, Todo é silencio e Personal Movie e protagonizou Somos xente honrada, de Alejandro Marzoa, traballo co que gañou o seu segundo Mestre Mateo ao mellor actor.[5]
En 2014 apareceu no filme de Alfonso Zarauza, Os fenómenos e interpretou a Cibrán "o Castizo" en A esmorga, de Ignacio Vilar, adaptación da famosa novela A esmorga, de Eduardo Blanco Amor. Por este papel volveu estar nomeado ao Mestre Mateo ao mellor actor,[6] galardón que esta vez recaeu no seu compañeiro de elenco, Morris.[7] Ademais ese mesmo ano protagonizou Códice, unha miniserie na que interpretou o electricista da Catedral de Santiago de Compostela, autor do famoso roubo do Códice Calixtino.[8]
En 2015 fixo o rol do alcalde Mendoza na serie Hospital Real e en 2016 tivo un pequeno papel en María (e os demais), de Nelly Reguera e interpretou a Telmo Vilar na serie Augasquentes.[9]
En 2017 logrou outra candidatura aos Mestre Mateo, este vez ao mellor actor secundario, polo seu traballo en Dhogs, de Andrés Goteira.[10] Ademais actuou en La dama del cuadro, de Juan Miguel del Castillo.[11]
En 2019 interpretou a Teo, na serie de Antena 3, Matadero[12] e retomou o papel do Cabo Ameneiro no novo disco de Dios ke te crew, O ciclo da serpe.[13] Após participar na obra de teatro Eroski Paraíso, formou tamén parte da adaptación cinematográfica dirixida por Jorge Coira.[14]
FamiliaEditar
É irmán do que fora alcalde de Carnota, Xosé Manuel García.[15]
FilmografíaEditar
CineEditar
- Urxa (1989), de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal.
- Entre bateas (2002), telefilme de Jorge Coira.
- O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa.
- El regalo de Silvia (2003), de Dionisio Pérez.
- Secuestrados en Xeorxia (2003), telefilme de Gustavo Balza.
- As viúvas do mar (2004), telefilme de Carlos Sedes.
- Hai que botalos (2005), de Margarita Ledo e Emilio McGregor.
- Galatasaray-Dépor (2005), de Hannes Stöhr.
- Un franco, 14 pesetas (2006), de Carlos Iglesias.
- Hotel Tívoli (2006), de Antón Reixa.
- El hombre de arena (2007), de José Manuel González.
- Os xirasois cegos (2008), de José Luis Cuerda.
- A noite que deixou de chover (2008), de Alfonso Zarauza.
- Un bo home (2009), de Juan Martínez Moreno.
- Pedro e o Capitán (2009), de Pablo Iglesias.
- A sinapse do códice (2010) de Pablo Iglesias.
- Crebinsky (2011), de Enrique Otero.
- No habrá paz para los malvados (2011), de Enrique Urbizu.
- Personal Movie (2012), de Héctor Carré.
- Todo é silencio (2012), de José Luis Cuerda.
- Somos xente honrada (2013), de Alejandro Marzoa.
- Os fenómenos (2014), de Alfonso Zarauza.
- A esmorga (2014), de Ignacio Vilar.
- María (e os demais) (2016), de Nely Reguera.
- Dhogs (2017), de Andrés Goteira.
- La dama del cuadro (2017), de Juan Miguel del Castillo.
- Eroski Paraíso (2019), de Jorge Coira.
CurtametraxesEditar
- Cal dous estraños (1991), de Alber Ponte.
- Sitcom show (1996), de Ángel de la Cruz.
- Disonancias (2000), de Ignacio Vilar.
- Os Crebinsky (2002), de Enrique Otero.
- Las rubias los prefieren caballeros (2002), de Álex Sampayo.
- Toxic Percebe (2005), de Xavier Jacome e Martín Fiallega.
- Temporada 92-93 (2007), de Alejandro Marzoa.
- Padre Modelo (2009), de Alejandro Marzoa.
- Amistad (2010), de de Alejandro Marzoa.
TelevisiónEditar
Personaxes fixosEditar
- Mareas vivas (1998). Como Evaristo Currás.
- Pepe Carvalho (2004), de Rafael Moleón.
- Pepe O Inglés (2006). Como Pepe O Inglés.
- Los hombres de Paco (2008). Como Félix Montejo.
- Mar Libre (2010).
- Códice (2014). Como Manolo Carballeira. TVG
- Hospital Real (2015).
- Augasquentes (2016). Como Telmo Vilar.
- Matadero (2019). Como Teo.
Personaxes episódicosEditar
- Periodistas (1999).
- As leis de Celavella (2005). Como Antón de Soneira.
- A vida por diante (2006).
Galardóns e nomeamentosEditar
Premios Mestre MateoEditar
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor actor | Entre bateas | Nomeado |
2010 | Mellor actor | Crebinsky | Gañador |
Mellor guión | Crebinsky | Nomeado | |
2013 | Mellor actor | Somos xente honrada | Gañador |
2014 | Mellor actor | A esmorga | Nomeado |
2020 | Mellor actor | Eroski Paraíso | Gañador |
NotasEditar
- ↑ "Miguel de Lira". Audiovisual Galego. Consultado o 24 de outubro de 2019.
- ↑ ""Xénese", o rap contundente e en galego de Dios Ke Te Crew". El Correo Gallego. 25 de abril de 2006. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "“Mar Libre” acada un novo premio á Mellor Serie de TV no Euro Filme Festival de Marbella". CRTVG. 10 de novembro de 2011. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "Os Crebinski triunfan nos Mestre Mateo". Que pasa na costa. 18 de abril de 2011. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "3 premos para a Costa da Morte nuns Mestre Mateo con sabor a Pico". Que pasa na costa. 14 de abril de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ ""A Esmorga" bate marcas con 16 candidaturas aos Mestre Mateo". Sermos Galiza. 10 de marzo de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "“Os Fenómenos” e “A Esmorga”, grandes triunfadoras dos Mestre Mateo". Sermos Galiza. 12 de abril de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "Miguel de Lira será o electricista do “Códice”". Sermos Galiza. 15 de setembro de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "Presentación y estreno de la serie 'Augasquentes' en la TVG". El Correo Gallego (en castelán). 9 de outubro de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "A longametraxe Dhogs acapara 17 candidaturas nos Mestre Mateo". 7 de febreiro de 2018. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "La dama del cuadro". www.emocionamedia.es. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "Matadero: matones con denominación de origen". El Mundo (en castelán). 9 de xaneiro de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "Dios Ke Te Crew. O colectivo hip hop de Ordes presenta disco cun show irrepetible". praza.gal. 7 de maio de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "Culturgal acollerá a preestrea de Eroski Paraíso". Pontevedra Viva. Consultado o 2019-12-23.
- ↑ A noite de Miguel de Lira (CRTVG). 9 de xullo de 2019.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miguel de Lira |