Eroski Paraíso
filme galego dirixido por Jorge Coira e Xesús Ron
Eroski Paraíso é un filme galego dirixido por Jorge Coira e Xesús Ron que foi estreado no 2019. Está baseado na obra de teatro homónima do grupo Chévere e conta distintas historias reais ocorridas na sala de festas "Paraíso", que funcionou en Muros ata o ano 1990 e que logo foi convertida nun supermercado.[2]
Eroski Paraíso | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Eroski Paraíso |
Director | Jorge Coira Xesús Ron |
Produtor | Gaspar Broullón Patricia de Lorenzo |
Guión | Xesús Ron Miguel de Lira Manuel Cortés Patricia de Lorenzo |
Intérpretes | Patricia de Lorenzo Miguel de Lira Ana Santos Cristina Iglesias |
Música | Xavi Font |
Fotografía | Lucía Catoira Pan Fidel Vázquez |
Montaxe | Jorge Coira Lucía Iglesias |
Estudio | OlloVivo Chévere Producciones |
Estrea | Cineuropa: 24 de novembro de 2019![]() |
Duración | 75 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Comedia |
Recadación | 12.025,30 €[1] |
ArgumentoEditar
Álex (Cris Iglesias), unha directora novel, decide gravar un documental sobre seus pais: Antonio (Miguel de Lira), un veciño de Arcos, e Eva (Patricia de Lorenzo), de Muros, que se coñeceron nesa última vila, na famosa sala de festas "Paraíso", agora convertida en supermercado.
"Eroski Paraíso, Trailer". YouTube. Chévere. |
PersonaxesEditar
- Patricia de Lorenzo como Eva Martínez
- Miguel de Lira como Antonio Formoso
- Cris Iglesias como Álex Martínez Formoso
- Luís Martínez como Avelino Martínez Cuncheiro
- Ana Santos como Tía de Mazaricos
- Federico Pérez Rey como Tío de Mazaricos
- Fidel Vázquez como Marc Climent
Galardóns e nomeamentosEditar
18ª edición dos Premios Mestre MateoEditar
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor filme | Nomeado | |
Mellor director | Jorge Coira e Xesús Ron | Nomeados |
Mellor actor | Miguel de Lira | Gañador |
Mellor actriz | Patricia de Lorenzo | Gañadora[3] |
Cris Iglesias | Nomeada | |
Mellor montaxe | Jorge Coira e Lucía Iglesias | Nomeados |
Mellor fotografía | Lucía Catoira Pan e Fidel Vázquez | Nomeados |
NotasEditar
- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Eroski Paraíso". Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Eroski/Paraíso en Numax Distribución". numax.org. Consultado o 2 de xaneiro de 2020.
- ↑ ‘O que arde’ vence nos Mestre Mateo con seis premios, entres eles Mellor Longametraxe e Mellor Dirección
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Eroski Paraíso na IMDb (en inglés).
- Eroski Paraíso en FilmAffinity (en castelán).