Unha de romanos
Unha de romanos foi unha serie de humor da Televisión de Galicia que se emitiu en 1991.
Unha de romanos | |
---|---|
Formato | Humor |
Creado por | Xaime Fandiño |
Dirixido por | Xaime Fandiño |
Intérpretes | Serxio Pazos Xesús Porrúa Manuel Botana Mela Casal Blanca Cendán Miguel de Lira |
País de orixe | Galicia |
Produción | |
Duración | 22 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG |
Formato de imaxe | 4:3 |
Primeiro episodio | 19 de xuño de 1991 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Desenvolvemento
editarEra unha serie de humor disparatado na que a acción cambiaba entre o mundo actual e o da chegada dos romanos a Galicia. Ademais da parte de ficción contaba cun segmento de cámara oculta presentado por Teté Delgado.