Blanca Cendán
Blanca María Brage Cendán, nada en Ares en 1963, é unha actriz galega.
Blanca Cendán | |
---|---|
![]() Blanca Cendán, na rolda de prensa na que explicou o seu cesamento. | |
Nome completo | Blanca María Brage Cendán |
Nacemento | 1963 |
Lugar | Ares, A Coruña![]() |
Nacionalidade | España |
Profesión | actriz |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou Historia e alemán, e comezou a actuar no teatro en 1988 coa compañía Chévere. É unha das co-fundadoras da Sala Nasa de Santiago de Compostela.
En abril de 2010 foi elixida directora do Centro Dramático Galego[1], e baixo ela o CDG produciu As actas escuras de Roberto Vidal Bolaño, Salomé de Oscar Wilde, e A ópera dos tres reás de Bertold Brecht. O 23 de marzo de 2012 foi destituída como directora do CDG[2].
TelevisiónEditar
CineEditar
- Urxa, 1989
- Cal dous estraños, 1991 (curtametraxe)
- Bobo Furcia, 2002 (curtametraxe)
- A boa caligráfica, 2004 (curtametraxe)
- Galatasaray-Dépor, 2005
NotasEditar
- ↑ "A actriz Blanca Cendán é a nova directora do Centro Dramático Galego", artigo en www.agadic.info, 10 de abril de 2010.
- ↑ Blanca Cendán: "Non podemos permitir que os políticos de turno desmantelen todo", Praza Pública, 23/3/2012.