Teté Delgado
María Teresa Delgado Criado, máis coñecida como Teté Delgado, nada en Ferrol o 28 de xuño de 1965, é unha actriz, cantante e presentadora galega. É vocalista do grupo Teté y los Ciclones.
![]() (2012) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xuño de 1965 ![]() Ferrol, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | presentadora, presentadora de televisión, xornalista, actriz ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarRealizou numerosos traballos como actriz e presentadora tanto dentro como fóra de Galicia.
A popularidade chegoulle co seu papel na serie El Súper, emitida por Telecinco. Desde aquela non parou de traballar en teatro e, sobre todo, en televisión. As súas aparicións en cinema foron máis limitadas, con papeis pequenos, aínda que si foi protagonista de varias curtametraxes.
Colaborou como xurado no programa de TVE ¡Mira quién baila!, ademais de protagonizar xunto a Luis Merlo a obra teatral Gorda, entre 2005 e 2007.
O seu seguinte proxecto foi Ellas y el sexo débil, serie estrelada por Ana Obregón durante o outono de 2007 para a Antena 3. Ese mesmo ano regresou con éxito á TVG, como presentadora do concurso musical Son de estrelas, que tivo unha boa acollida por parte do público.
Entre 2009 e 2011 foi protagonista xunto a Pepe Viyuela e Asunción Balaguer da versión teatral de El pisito, a partir dun guión de Rafael Azcona.
Actualmente é cantante de Teté y los Ciclones. Anteriormente tivo un grupo de rock que se chamaba Teté y los Supremos.
Filmes
editar- A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos (1993), de Toñito Blanco e Ricardo Llovo.
- Adiós con el corazón (2000), de José Luis García Sánchez.
- Lisístrata (2002), de Francesc Bellmunt.
- Slam (2003), de Miguel Martí.
- Franky Banderas (2004), de José Luis García Sánchez.
- La monja (2005), de Luis de la Madrid.
- Los ladrones somos gente honrada (2006) (TV), de Eduardo Toral
- Gordos (2009), de Daniel Sánchez Arévalo.
Curtametraxes
editar- Poderío al río (1987), de Pablo Samartín.
- A todo tren (1995), de Lidia Mosquera.
- ¿Las cosas son como son... o como deberían ser?: Dos historias... del mismo día (1997), de José Antonio Pastor.
- Los siete pecados capitales (1997), de Juan Carlos Claver.
- Ordinary Americans: Americanos cotidianos (1999), de Juanma Bajo Ulloa.
- Atrapada en un blues (2001), de Alberto Ruiz Rojo.
- La marcha verde (2002), de José Luis García Sánchez.
- Videoclip El roce de las alas (2009), de Pablo Samartín.
Televisión
editarComo actriz
editarPersonaxes fixos
editar- A Reoca (1990), na TVG.
- Unha de romanos (1991), na TVG.
- Compostela, sol e lúa (1994), na TVG.
- El Súper (1996-2000), en Telecinco.
- Un país maravilloso (1999), en Antena 3.
- El botones Sacarino (2000), en TVE.
- A miña sogra e mais eu (2004), na TVG.
- Estudio 1: Los ladrones somos gente honrada (2006), en TVE.
- Ellas y el sexo débil (2007), en Antena 3.
- Escoba! (2011-2014), na TVG.
Personaxes episódicos
editar- Todos los hombres sois iguales (1997), en Telecinco.
- Petra Delicado (1999), en Telecinco.
- Pequeno Hotel (2001), na TVG.
- El Pantano (2003), en Antena 3.
- Paraíso (2001-2003), en TVE.
- El comisario (2005), en Telecinco.
- Familia (2013), en Telecinco.
Como colaboradora
editar- La noche por delante (1998), en Telecinco.
- Un, dos, tres... a leer esta vez (2004), como Humorista, en TVE.
- ¡Mira quién baila! (2005-2009), como Xurado, en TVE.
- Channel Nº4 (2006-2007), como Contertulia na Mesa de Mulleres, en Cuatro.
- La mañana de La 1 (2010), en TVE.
- Tu cara me suena (2013), como Convidada imitando a Janes Joplin, en Antena 3.
Como presentadora
editar- Na casa (1992), na TVG.
- Café café (1993), na TVG.
- Bis a vis (1997), na TVG.
- Con luz propia (1998), na TVG.
- Me gustas tú (2002) (voz en off), en Telecinco.
- Son de estrelas (2007), na TVG.
- Son de estrelas 2 (2008), na TVG.
- Verbenalia (2012), na TVG.
Como concursante
editar- O clan dos impostores (2012), na TVG.
- Splash! Famosos al agua (2013), en Antena 3.
Teatro
editar- Yerma (1990), dirixida por José Manuel Blanco Gil; para o Centro Dramático Galego.
- Una mujer sin importancia (2000), de Oscar Wilde.
- Terapia a las seis (2004), escrita e producida por Moncho Borrajo; dirixida por Víctor Manuel Dogar.
- El roce de las alas (2005), dirixida por Pablo Samartín.
- Gorda (2005-2008), dirixida por Tamzin Townsend; con Luis Merlo.
- Lisístrata (2007), de Aristófanes; dirixida por Antonio Comencia.
- Los cuernos de don Friolera (2009), de Valle-Inclán e dirixida por Ángel Facio; con Nancho Novo.
- El roce de las alas (2009), dirixida por Pablo Samartín.
- El pisito (2009-2011), dirigida por Pedro Olea, con Pepe Viyuela.
- Álvaro o la fuerza del Vino (2012), dirixida e escrita por Nancho Novo.
- Galicia caníbal (2012), musical ideado por Antón Reixa e dirixido por Quico Cadaval.
Galardóns e nomeamentos
editar- 2001: Premio na III Mostra de Curtas Vila de Noia á Mellor interpretación feminina por Atrapada en un blues.
- 2006: Nomeada aos Fotogramas de Prata como Mellor actriz de teatro por Gorda.
- 2010: Nomeada aos Premios Mayte de Teatro de Cantabria por Los cuernos de don Friolera.
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor comunicador | Son de estrelas | Nomeada |
2009 | Mellor actriz secundaria | Gordos | Nomeada |