Un bo home

Un bo home (en castelán: Un buen hombre) é un filme de 2009 dirixido por Juan Martínez Moreno. Estreouse na 12ª edición do Festival de Málaga, en abril de 2009.

Un bo home
Ficha técnica
Título orixinalUn buen hombre
DirectorJuan Martínez Moreno
ProdutorMariela Besuievsky
Gerardo Herrero
Javier López Blanco
GuiónJuan Martínez
IntérpretesTristán Ulloa
Emilio Gutiérrez Caba
Nathalie Poza
MúsicaSergio Moure
MontaxeFernando Pardo
EstudioCastafiore Films
Milú Films
Tornasol Films
DistribuidoraAlta Films
Biblos Clube de Lectores
Cameo Media
Latido Films
EstreaFestival de Málaga: 19 de abril de 2009
Duración97 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroSuspense

Rodada orixinalmente en lingua castelá, estreouse en galego con 5 copias en cinemas comerciais. Tamén se emitiu en galego o 27 de maio de 2016 a través da TVG.[1] Conta cun DVD editado con pista de son en galego.

ArgumentoEditar

Vicente e Fernando son dous amigos e docentes na Facultade de Dereito. Unha tarde, de xeito casual, Vicente é testemuña de como Fernando mata a súa muller. Non o delata á policía, mais tampouco entende nin perdoa o seu amigo, por mor da súa relixiosidade e sentido moral. Porén, os acontecementos deixarán en evidencia a dobre moral dos personaxes.

PersonaxesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

Premio do Público no Festival de Cine Español de Annecy.

NotasEditar

  1. "Programación da TVG". Programación-tv.es. 27 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 18 de outubro de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar