Nathalie Poza

actriz española

Nathalie Poza Maupain, nada en Madrid o 7 de marzo de 1972, é unha actriz española.[1]

Nathalie Poza
Festival de Málaga 2020 - Nathalie Poza 2.jpg
Nacemento7 de marzo de 1972
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactriz, actriz de cinema e actriz de teatro
PremiosPremio Goya á mellor interpretación feminina protagonista e Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Nathalie Poza nos Premios Goya 2019

Poza naceu en Madrid, filla de nai francesa e pai español. Estudou en St. Anne's School, un colexio británico de Madrid, e desde pequena aprendeu a tocar o piano e practicou ballet.[1]

A súa carreira estivo moi ligada ao teatro como compoñente do grupo Animalario, co que participou en diversas montaxes xuunto con actores como Andrés Lima, Javier Gutiérrez Álvarez, Guillermo Toledo, Alberto San Juan ou a súa ex-parella Gonzalo de Castro.

Na televisión colaborou con papeis secundarios en multitude de series desde mediados da década de 1990, incluíndo participacións en Hermanas, Éste es mi barrio, Más que amigos, Periodistas, Señor alcalde, El comisario e Hospital Central. Tivo o seu primeiro papel fixo en 2001, o de Nerea en Policías, en el corazón de la calle e posteriormente en Un lugar en el mundo (2003) e Maneras de sobrevivir (2005).

Os seus primeiros traballos cinematográficos foron as curtametraxes Abierto (El eco del tiempo) (1997) de Jaime Marques, No sé, no sé (1998) de Aitor Gaizka e Ruth está bien (1999) de Pablo Valiente.

En 2002 rodou o telefilme Entre cien fuegos ás ordes de Iñaki Eizmendi e ese mesmo ano estreou El otro lado de la cama, de Emilio Martínez-Lázaro, un dos filmes de máis éxito do cinema español nese tempo. En 2003 Maria Ripoll dirixiuna en Utopía. Participou tamén en Días de fútbol de David Serrano de la Peña e La flaqueza del bolchevique, de Manuel Martín Cuenca. Con estes dous últimos directores rodou posteriormente Malas temporadas (2005) e Días de cine (2007).

En 2013 estreou o filme Todas las mujeres, dirixido por Mariano Barroso e en 2015 uniuse á serie Carlos, Rey Emperador onde deu vida a Xermana de Foix.[2]

FilmografíaEditar

Ano Título Director
2002 Entre cien fuegos Iñaki Eizmendi
2002 El otro lado de la cama Emilio Martínez-Lázaro
2002 Utopía Maria Ripoll
2003 Días de fútbol David Serrano
2003 La flaqueza del bolchevique Manuel Martín Cuenca
2005 Malas temporadas Manuel Martín Cuenca
2006 Días de cine David Serrano
2007 El club de los suicidas Roberto Santiago
2007 Salir pitando Álvaro Fernández Armero
2009 Un bo home Juan Martínez Moreno
2012 Lo mejor de Eva Mariano Barroso
2013 Todas las mujeres Mariano Barroso
2016 Julieta Pedro Almodóvar
2017 No puedo decir adiós Lino Escalera
2019 Mientras dure la guerra Alejandro Amenábar
2020 Rifkin's Festival Woody Allen
2020 La boda de Rosa Icíar Bollaín

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Nathalie Poza". Antena3.com (en castelán). Atresmedia. Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  2. Carlos, Rey Emperador