Crebinsky

filme de 2011 dirixido por Enrique Otero

Crebinsky é un filme galego de ficción dirixido por Enrique Otero e estreado en abril de 2011.

Crebinsky
Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticorealismo máxico e cinema de comedia Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua galega Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aEnrique Otero Editar o valor en Wikidata
GuionistaMiguel de Lira e Enrique Otero Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Produtor/aFarruco Castromán, Miguel de Lira e Enrique Otero Editar o valor en Wikidata
Recadación48.198,9 € e 48.198,9 € Editar o valor en Wikidata
Custo1.365.455 € Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 30 minutos Editar o valor en Wikidata
Premios
Fontes e ligazóns
RedesIMDB: tt1851880 Filmaffinity: 396863 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Sinopse

editar

A historia está ambientada na costa galega en xuño de 1944, no contexto da segunda guerra mundial. Feodor e Mijail Crebinsky son dous irmáns, fillos de María Cribeiro e Vladimir Crebinsky, un piloto ruso que sufrira un accidente aéreo anos antes. Noutro accidente os nenos quedan orfos, e logo dunhas choivas torrenciais o río crece e asolaga a aldea na que viven. Levados pola corrente, os irmáns e a súa vaca Mucha aparecen na costa. Fan unha cabana non lonxe dun faro, sobrevivindo grazas ás crebas, os obxectos que deixa o mar. Os irmáns Crebinsky criáronse sós dende novos, polo que teñen unha particular relación (comunícanse con frases simples e directas) e un peculiar modo de existencia (ao descoñeceren o uso real dos obxectos que atopan, recíclanos segundo mellor lles conveña en cada momento cun grande enxeño artesanal).

Sen sabelo, vense implicados no conflito bélico. Un piloto alemán da Luftwaffe ten un accidente na praia, e un submarino estadounidense decide desembarcar alí. Soldados alemáns que traballan preto de alí, nunha mina de volframio, van xunto cun falanxista na procura do piloto accidentado, pois levaba un radiotransmisor. Os irmáns comezan unha viaxe pola zona na procura da súa vaca, e chegan a unha verbena na que actúa un grupo musical. Finalmente atopan a vaca, xunto á tumba dos seus pais. Nese momento a vaca morre, e os irmáns regresan á aldea natal.

Personaxes

editar

Rodaxe

editar

Foi rodada entre o 15 de setembro e o 30 de outubro de 2008 en Espasante (Ortigueira), Portomarín, Mañón, e Santiago de Compostela.

Banda sonora

editar

A música do filme foi composta por Pablo Pérez. A banda sonora inclúe dous boleros interpretados por Patricia de Lorenzo. A música foi levada ao directo pola banda Universo Crebinsky, formada por Vadim Yukhnevich (voz e acordeón), Pablo Pérez (contrabaixo), Fernando Abreu (clarinete), Carlos Castro (vibráfono e percusión), Xacobe Lamas (violín), Miguel Queixas (batería), Pablo Rega (guitarra) e Enrique Otero (teclados).

Galardóns e nomeamentos

editar

No Festival de Cine Español de Málaga de 2011 recibiu dous premios: mellor guión novel e o premio Signis. Foi seleccionada no Festival Internacional de Pusan (PIFF) de 2010, en Corea do Sur.

Recibiu o Premio Agave 2011 á mellor película na segunda edición do FilmFest de Oaxaca de Juárez.

Nos premios Mestre Mateo 2010, Crebinsky tiña 12 candidaturas, levando finalmente catro galardóns: actor protagonista (Miguel de Lira), dirección artística (Ángel Amaro e Nanda Cuíña), dirección de fotografía (Sergio Franco) e maquillaxe e peiteado (Susana Veira).

Ano Categoría Receptor Resultado
9ª edición Mellor filme Enrique Otero Nomeado
Mellor director Enrique Otero Nomeado
Mellor actor Miguel de Lira Gañador
Mellor guión Miguel de Lira e Enrique Otero Nomeados
Mellor dirección de produción Sergio Gil e Pilar Pérez Solano Nomeados
Mellor dirección artística Ángel Amaro e Nanda Cuíña Gañadores
Mellor montaxe J. R. Lorenzo e Enrique Otero Nomeados
Mellor música orixinal Pablo Pérez Nomeado
Mellor son Diego S. Staub e Xavier Souto Nomeado
Mellor fotografía Sergio Franco Gañador
Mellor maquillaxe e peiteado Susana Veira Gañadora
Mellor deseño de vestiario Carlos Alonso e Eva Camino Nomeados

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar