Todo é silencio (filme)
Todo é silencio é unha película española dirixida por José Luis Cuerda en 2012, baseada na novela Todo é silencio de Manuel Rivas (2010). O propio escritor fixo o guión do filme.
Todo é silencio | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Todo es silencio |
Director | José Luis Cuerda |
Produtor | Gerardo Herrero |
Guión | Manuel Rivas, baseado na súa novela homónima |
Intérpretes | Quim Gutiérrez Miguel Ángel Silvestre Celia Freijeiro Juan Diego |
Música | Sergio Moure de Oteyza |
Fotografía | Hans Burmann |
Montaxe | Nacho Ruíz Capillas |
Estrea | 2012 |
Duración | 113 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
TramaEditar
A trama desenvólvese nunha vila costeira galega en 1969. Fins, Brinco e Leda son tres rapaces da vila de Noitía. Mariscal é un contrabandista que comezou a traficar con produtos chegados á costa desde barcos afundidos. Pasouse ao tabaco rubio de batea, e tras contactar cos clans colombianos, ao narcotráfico. A vida na vila aparece marcada pola economía somerxida, e Mariscal foi tecendo unha rede de control social, económico e institucional.
Fins, que sofre epilepsia, quedou orfo ao morrer seu pai pescando con dinamita, e marchou estudar a Cádiz, facéndose policía. Brinco e Leda casan e teñen un fillo, e únense ao clan de Mariscal. En 1989, logo de anos sen dar noticias, Fins regresa á vila, e Brinco, que pilota unha planadora, ofrécelle cartos a cambio da súa colaboración.
Descóbrense axentes corruptos e varios narcos traidores. Un amigo de Brinco, home do clan de Mariscal que está enganchado á heroína, suicídase logo de non ser quen de pagar unha débeda aos colombianos encargados da subministración da droga.
Leda ten celos porque Brinco vai con outra muller, e cita a Fins na vella escola. Alí aparece Brinco, e iníciase un tiroteo, no que este resulta morto a mans de Fins.
Ficha artísticaEditar
- Juan Diego (Mariscal)
- Quim Gutiérrez (Fins)
- Áxel Fernández (Fins adolescente)
- Celia Freijeiro (Leda)
- Carolina Caro (Leda adolescente)
- Miguel Ángel Silvestre (Brinco)
- Sergio González (Brinco adolescente)
- Chete Lera (Rumbo)
- Luis Zahera (Malpica)
- Xoque Carbajal (Chelín)
- Yago Mira (Chelín adolescente)
- Miguel de Lira (Mendoza)
- Teresa Hurtado (Mara)
- Laura Ponte (Guadalupe)
- Xosé Manuel Olveira "Pico" (Antonio)
- Rebeca Montero (Amparo)
- Iria Penha (Sira)
- Jesús Castejón (sarxento Montes)
- Adolfo Fernández (Humberto Alisal)
- Mario Roldán (Carburo)
- Fernando Morán (sacerdote)
- Miguel Lago Casal (Inverno)
- Estíbaliz Veiga (enfermeira)
- Andrea Nespereira (xornalista)
- José Luis Cuerda (Grimaldo)
- Gabriel Ángel Delgado (Santi)
- Julio Tejela (Delmiro)
- Andrea Mulhova (Nora)
- Iván Marcos (novo banqueiro)
- Lucía Álvarez (Mónica)
- Juan García-Insua (Belvís adolescente)
- Adrián Castiñeiras (sentinela cuartel)
- César Cambeiro (xuíz)
- Miguel Borines (médico Cruz Vermella)
- Fernando Acebal (oficial aduanas)
- Miro Magariños (comisario Telmo)
- Cristina Ramallal (xornalista xulgados)
- Rubén Prieto (hippie)
- Paula Semikozova (hippie)
- José León (Chumbo)
- Ángel Fernández (garda Vargas)
- María Louro (muller do banqueiro)
- Enrique Gutiérrez (cliente)
- Carlos Pereira (cliente)
- Noemí Miranda (moza)
- Ángeles Mayo (viúva)
- Helena San Nicolás (viúva)
- Baltasar Caramés (mariachi)
- Gabriel Craciun (mariachi)
- David Fernández (mariachi)
- Lino García (mariachi)
- Gutier Álvarez (violinista)
- Tania Dorado (rapaza vodevil)
- Melina Fernández (rapaza vodevil)
- Ana Isabel Vidal (rapaza vodevil)
- Sandra Gondar (rapaza vodevil)
- Sarai Pintos (rapaza vodevil)
- Andrea Campos (rapaza vodevil)
- Alejandra Varela (rapaza vodevil)
- Tayna Aldes (rapaza vodevil)
- Jesyca do Amaral (rapaza vodevil)
- Eva Rodríguez (rapaza vodevil)
- Noemí Fariñas (rapaza vodevil)
- Sandra Fabeiro (rapaza vodevil)
- Estela Fraga (rapaza vodevil)
- Luis Lara (paisano)
- Antonio Ferraro (italiano)
Galardóns e nomeamentosEditar
Premios Mestre MateoEditar
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor actriz | Celia Freijeiro | Nomeada |
Mellor actor secundario | Luis Zahera | Gañador | |
Mellor guión | Manuel Rivas | Nomeado | |
Mellor música orixinal | Sergio Moure | Nomeado | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Almudena Fonseca | Nomeada |
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Todo é silencio en Filmaffinity (en castelán).
- Todo é silencio na IMDb (en inglés).