Juan Diego (actor)
Juan Diego Ruiz Moreno, nado en Bormujos (Sevilla) o 14 de decembro de 1942, e finado en Madrid o 28 de abril de 2022,[1] foi un actor español.
Juan Diego | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Juan Diego Ruiz Moreno |
Alcume | Juan Diego |
Nacemento | 14 de decembro de 1942 |
Lugar de nacemento | Bormujos |
Falecemento | 28 de abril de 2022 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | actor de cinema, actor de teatro, actor de televisión, activista político e actor |
Premios | Ercilla Awards, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, Cuncha de Prata ó mellor actor e Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Juan Diego declarou que pasou unha infancia feliz e completamente normal. Aínda que sempre se sentiu identificado coa súa vila, de mozo decidiu estudar en Sevilla para evitar dedicarse ás faenas do campo.[2] A súa temperá vocación interpretativa cobrou forma en 1957, cando subiu por vez primeira a un escenario.
Tres anos máis tarde interpretou en Sevilla Á espera de Godot, de Samuel Beckett, un traballo polémico que cimentou o seu prestixio entre a crítica. Ampliou a súa formación no Conservatorio de Música e Declamación, estudos que lle permitiron entrar en contacto con Televisión Española (TVE). Interveu nunha gran cantidade de programas da televisión, entre telenovelas, producións dramáticas e o popular Estudio 1. Esta experiencia permitiulle coñecer a fondo as táboas e familiarizarse cos estamentos da profesión.[2]
Tamén de novo tomou conciencia política e comezou a militar na Frente de Estudiantes Sindicalistas, que era a rama xuvenil do falanxismo disidente, que despois deu orixe á Falange Independiente. Porén, como outros militantes dese ambiente, acabou derivando cara a unha militancia no Partido Comunista de España (PCE), entón clandestino.
En 1975 foi un dos líderes da folga de actores que reivindicaba a redución da xornada laboral para os intérpretes teatrais. Ese mesmo ano apareceu xunto a Ana Belén no filme La criatura de Eloy de la Iglesia, con quen xa colaborara en Algo amargo en la boca (1969), e participou no primeiro filme de Francisco Rodríguez, La casa grande, que participou no Festival Internacional de Cinema de Berlín.[3]
Na década seguinte interveu en Los santos inocentes (Mario Camus, 1984). Foi entón cando consolidou a súa carreira no cinema. A súa interpretación como o intrigante capuchino de El rey pasmado (1991), valeulle o seu primeiro premio Goya. A mediados da década de 1990 diminuíu a súa actividade cinematográfica, centrándose na súa carreira teatral.
En 1999 produciuse o seu regreso ao cinema con París-Tombuctú, en que daba vida a un anarquista que andaba espido polas rúas do lugar. Asunción Balaguer e Liberto Rabal anunciaron que o intérprete gañara o seu segundo Goya, que recolleu o director Luis García Berlanga, agradecéndolle que fose o "único actor que tivo as pelotas de saír en pelotas".
En 2002 Juan Diego regresou á televisión para porse ás ordes de Benito Zambrano en Padre Coraje, papel polo que obtivo o premio da Unión de Actores. Na gala de entrega, os candidatos berraron ao unísono "non á guerra", rexeitando a decisión de George W. Bush de iniciar a guerra de Iraq. O propio Juan Diego lera manifestos na Porta do Sol acompañado de María Barranco e Juan Diego Botto, chegando a atender no escenario un manifestante ferido pola policía.
En 2005 comezou a popular serie Los hombres de Paco, que durou ata 2010, nela actuou xunto cos actores Paco Tous, Pepón Nieto, Hugo Silva e Adriana Ozores.
Filmografía parcialEditar
PremiosEditar
NotasEditar
- ↑ Agencia France Press (28 de abril de 2022). "Fallece el reconocido actor español Juan Diego". La Razón: la revista (Madrid). Consultado o 28 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Biografías y Vidas. "Juan Diego". Consultado o 11 de xaneiro de 2012.
- ↑ Nomeamentos e premios de La casa grande en IMDb.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Diego |
BibliografíaEditar
- Tebar, Juan: Juan sin miedo. Cádiz, Editorial Dalya, 2015, ISBN 978-84-944095-9-2