Antonio Banderas
José Antonio Domínguez Banderas, nado en Benalmádena (Provincia de Málaga) o 10 de agosto de 1960, é un actor andaluz. É o intérprete masculino máis internacional de España e está considerado como unha estrela do panorama cinematográfico de Hollywood. De feito, Antonio Banderas foi o primeiro actor español que conseguiu estabilizarse no cine estadounidense.
Con máis de vinte e cinco anos de traxectoria profesional, ten unha fama internacional que non se esvaeceu desde que a comezos dos anos noventa se lanzase ao abismo do cine norteamericano. Estivo casado coa tamén estrela de Hollywood Melanie Griffith.
Foi o primeiro actor español en ser nomeado aos Globos de Ouro, aos Premios Tony e aos Premios Emmy. En 2015 recibiu o Premio Goya de Honra e en 2019 foi galardoado co Premio ao mellor actor do Festival de Cannes por Dolor y gloria, de Pedro Almodóvar.[1]
Traxectoria
editarO seu pai foi comisario de policía e a súa nai mestra de educación sexual. Estudou na Escola de arte dramática da capital da Costa do Sol. A súa vocación levouno ata Madrid, onde con 19 anos actúa en pequenos teatros durante a época da movida madrileña. Os seus comezos no cine e os seus primeiros éxitos débellos ao famoso director de cine Pedro Almodóvar durante a década dos 80, grazas ao cal recibe dúas candidaturas aos Premios Goya polas películas Matador (1986) e ¡Átame! (1989). Realizou con el cinco películas, algunhas delas con grandes éxitos como foron La ley del deseo (1987) ou Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988), que foi nomeada ao Oscar como mellor película de fala non inglesa.
Grazas ás películas de Almodóvar, o nome de Antonio Banderas empeza a facerse popular nos círculos cinéfilos de medio mundo. Unha afortunada aparición no filme documental Truth or dare lanza a Banderas á fama; todos preguntan quen é ese "latin lover" que volve tola a Madonna e que ela non consegue seducir (estaba casado).
En 1988 casa con Ana Leza; divórcianse en 1996. Posteriormente contrae matrimonio coa actriz norteamericana Melanie Griffith, á que coñece durante a rodaxe da película Two Much do cineasta español Fernando Trueba. A parella ten unha filla, Stella del Carmen, e os tres residen en Hollywood, onde o actor emprende unha proveitosa carreira cinematográfica. É o actor máis famoso do país, e un dos máis importantes dos actores latinos.
Antonio Banderas escalou posicións no cine norteamericano en poucos anos, con papeis de co-protagonista en The Mambo Kings, Interview with the Vampire: The Vampire Chronicles (xunto a Brad Pitt e Tom Cruise), Original Sin (con Angelina Jolie) e Evita (con Madonna), onde aborda un papel musical con difíciles cancións. Alén disto, cantou un tema para a banda sonora de Desperado e un dueto con Tina Turner.
Co seu éxito, atrévese ademais como director de cine con películas como Crazy in Alabama 1999, a cal protagoniza a súa propia muller e a recente El camino de los ingleses, cuxa rodaxe se desenvolveu en Málaga. Tamén puxo voz ao personaxe do Gato con Botas na segunda e terceira partes da exitosa película de animación Shrek e está previsto que o faga nas seguintes secuelas que se preparan.
Un dos seus últimos traballos como actor é The Legend of Zorro, estreada en 2005 e coa que se suma a outras moitas películas sobre este heroe enmascarado. Tamén obtivo un grande éxito comercial coas tres entregas de Spy Kids e participou no filme Frida sobre a coñecida artista mexicana Frida Kahlo á que deu vida Salma Hayek.
Como empresario, Antonio Banderas, xunto co seu irmán, emprendeu unha serie de negocios como investidor en diferentes empresas andaluzas ou en restaurantes como "La Posada de Antonio" utilizando a súa proxección internacional como medio de publicidade en Estados Unidos.
Foi nomeado Fillo Predilecto da Provincia de Málaga o 7 de xuño de 2005.
Semana Santa
editarAdoita acudir coa súa familia cada ano á Semana Santa Malagueña, autodenominase confrade. É membro das Cofrarías Fusionadas de San Xoán, onde participa como Mordomo do Trono da Virxe de Bágoas e Favores, o Domingo de Ramos, engadir que compuxo a letra da Márcha "Lágrimas de San Juan" de Abel Moreno, Marcha que se converteu nun Himno á Virxe de Bágoas e Favores e é cantado polos Homes de Trono no transcurso da Procesión. Tamén leva sobre os seus ombreiros a Virxe da Esperanza cada noite de Xoves Santo, e confésase crente.
Filmografía
editar- Pestañas postizas (1982)
- Laberinto de pasiones (1982) (primeira colaboración con Pedro Almodóvar)
- El Señor Galíndez (1983)
- Y del seguro... ¡líbranos señor! (1983)
- Los zancos (1984)
- El caso Almería (1984)
- Caso cerrado (1985)
- Réquiem por un campesino español (1985)
- La corte de Faraón (1985) xunto a Ana Belén e Agustín González entre outros.
- 27 horas (1986)
- Puzzle (1986)
- Delirios de amor (1986)
- Matador (1986) (nomeado ó Goya)
- Así como habían sido (1986)
- El placer de matar (1987)
- La ley del deseo (1987) xunto a Eusebio Poncela e Carmen Maura.
- El Acto (1987)
- Bâton Rouge (1988) con Carmen Maura e Victoria Abril.
- Bajarse al moro (1988)
- Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988) con Carmen Maura, Julieta Serrano e María Barranco entre outros.
- Aventis (1989)
- La Blanca Paloma (1990)
- ¡Átame! (1990) con Victoria Abril. (Nomeado ó Goya)
- Contra el viento (1990)
- Terra Nova (1991)
- Una mujer bajo la lluvia (1991)
- Madonna: Truth or Dare ("Na cama con Madonna") (1991)
- The Mambo Kings (1992), con Armand Assante
- ¡Dispara! (1993)
- Il Giovane Mussolini (1993)
- Benito (1993)
- Filadelfia(1993) de Jonathan Demme. Con Tom Hanks.
- The House of the Spirits (1993) baseado na novela de Isabel Allende . Comparte elenco con Jeremy Irons, Glenn Close, Meryl Streep e Winona Ryder.
- Interview with the Vampire: The Vampire Chronicles (1994) de Neil Jordan, con Tom Cruise, Brad Pitt.
- Of Love and Shadows (1994)
- Never Talk to Strangers (1995)
- Miami Rhapsody (1995)
- Asasinos (1995) con Julianne Moore
- Two Much (Loco de amor) (1995) de Fernando Trueba. Xunto a Melanie Griffith.
- Desperado (1995) con Salma Hayek.
- Four Rooms (1995)
- Evita (1996) xunto a cantante Madonna.
- A máscara do Zorro (1998) con Anthony Hopkins e Catherine Zeta-Jones.
- The 13th Warrior (1999)
- The White River Kid (1999)
- The body (2001)
- Spy Kids (2001)
- Original Sin (2001) xunto a Angelina Jolie.
- Femme fatale (2002) de Brian de Palma
- Frida (2002) con Salma Hayek
- Ballistic: Ecks vs. Sever (2002) xunto a Lucy Liu.
- Spy Kids 2: The Island of Lost Dreams (2002)
- Presentando a Pancho Villa (2003)
- O mexicano (2003)
- Imagining Argentina (2003) xunto a Emma Thompson.
- Spy Kids 3D: Game Over (2003)
- Shrek 2, Gato con Botas (2004) (voz)
- The Legend of Zorro (2005) con Catherine Zeta Jones.
- Take the lead (2006)
- Déjate Llevar (2006)
- Bordertown, como Díaz (2006)
- Shrek III, pon voz ó gato con botas (2007)
- Gato con botas, pon voz ó gato con botas (2008)
- Conquistador, como Hernán Cortés (voz)
Filmografía como director
editar- Crazy in Alabama (Locos en Alabama) (1999)
- El camino de los ingleses (2006)
Premios
editarAno | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2019 | Mellor actor | Dolor y gloria | Gañador |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2014 | Premio Goya de honra | Gañador | |
1996 | Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista | Two Much | Candidato |
1990 | Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista | ¡Átame! | Candidato |
1986 | Premio Goya á mellor interpretación masculina secundaria | Matador | Candidato |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1993 | Mellor actor de cine | ¡Dispara! | Candidato |
1992 | Mellor actor de cine | Una mujer bajo la lluvia e The Mambo Kings | Candidato |
1990 | Mellor actor de cine | ¡Átame!, La blanca paloma e Contra el viento | Gañador |
1990 | Mellor actor de televisión | La mujer de tu vida: La mujer feliz | Candidato |
1988 | Mellor actor de cine | Así como foran, Mujeres al borde de un ataque de nervios e O pracer de matar | Gañador |
1987 | Mellor actor de cine | La ley del deseo e Delirios de amor | Candidato |
1985 | Mellor actor de cine | Caso cerrado, La corte del faraón e Réquiem por un campesiño español | Gañador |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Globo de Ouro ó mellor actor - Miniserie ou telefilme | And starring Pancho Vila as himself | Candidato |
1999 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | A máscara do Zorro | Candidato |
1997 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | Evita | Candidato |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1998 | Premio da audiencia ó mellor actor protagonista de cine | A máscara do Zorro | Gañador |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2003 | Mellor actor principal nun musical | Nine | Candidato |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Outstanding lead actor in a miniseries or a movie | And starring Pancho Vila as himself | Candidato |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2006 | ¡Que actorazo! | Take the lead | Gañador |
2005 | ¡Que actorazo! | The Leyend of Zorro | Gañador |
- Estrela no Paseo da Fama de Hollywood (2005)
- Fillo predilecto da provincia de Málaga (2005)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Fans de Antonio Banderas Arquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
- Antonio Banderas Fragrances (en inglés) (en castelán)
- ↑ "Antonio Banderas, mejor actor del festival de Cannes, por ‘Dolor y gloria’, de Pedro Almodóvar". El País (en castelán). 26 de maio de 2019. Consultado o 26 de setembro de 2019.