Isabel Allende

escritora chilena

Isabel Allende Llona (Isabel Allende.ogg pronunciación ), nada en Lima (Perú) o 2 de agosto de 1942, é unha escritora chilena. Actualmente reside nos Estados Unidos. Unha das escritoras máis destacadas do mundo, con vendas por riba de 35 millóns de exemplares e traducida en 27 linguas. A súa obra vén marcada pola ditadura chilena, implantada co golpe militar que en 1973 derrubou o goberno do seu tío Salvador Allende.

Infotaula de personaIsabel Allende

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Lima, Perú Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (2003–)
Chile Editar o valor em Wikidata
EducaciónLiceo N.º 1 Javiera Carrera Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónNovelista
Período de actividade1982
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela e novela curta Editar o valor em Wikidata
MovementoFeminismo e realismo máxico Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaCastelán
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeWillie Gordon (1988–2015)
Miguel Frías (1962–1987)
FillosPaula Frías Allende (pt) Traducir
 ()
Nicolás Frías Allende (en) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata
ParentesSalvador Allende (second uncle (en) Traducir)
Laura Allende (en) Traducir (second aunt (en) Traducir)
Ramón Huidobro Domínguez (en) Traducir (padrasto (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata

Páxina webPáxina web oficial
IMDB: nm0021196 Allocine: 68574 Allmovie: p168309 TV.com: people/isabel-allende
Twitter: isabelallende TED: isabel_allende Musicbrainz: f9e821ca-154d-4241-b695-b4f9c5067655 Songkick: 186668 Discogs: 518286 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nace no Perú, con todo é cidadá chilena desde o seu nacemento. Filla de Tomás Allende, funcionario diplomático de Chile e primo irmán de Salvador Allende, e de Francisca Llona. Os seus pais separáronse en 1945, retornando a súa nai a Chile con ela e os seus dous irmáns.Entre 1953 e 1958, a súa familia residiu sucesivamente en Bolivia e Beirut (Líbano). En Bolivia frecuentou unha escola estadounidense e en Beirut un colexio privado inglés. En 1958 retornou a Chile e reencontrouse con Miguel Frías, con quen contraeu matrimonio en 1962.

Dende 1959 ata 1965 traballou na Organización das Nacións Unidas para a Organización para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en Santiago de Chile. En 1963 naceu a súa filla Paula. Os anos seguintes pasou longas tempadas en Europa, residindo especialmente en Bruxelas e Suíza. De retorno a Chile en 1966 naceu o seu fillo Nicolás.

A partir de 1967 tomou parte na redacción da revista Paula, ó tempo que publicou artigos sobre diversos temas. Posteriormente realizou diversas colaboracións para a revista infantil Mampato e publicou dous contos para nenos La abuela Panchita e Lauchas y lauchones, ratas y ratones e unha colección de artigos titulada Civilice a su troglodita; ademais traballou en dúas canles de televisión chilenas.

En 1973 estreou a súa obra de teatro El embajador. Ese mesmo ano, se produciu o golpe de Estado encabezado polo xeral Pinochet, no que morreu o seu tío avó. En 1975 exiliouse coa súa familia en Venezuela. Alí permaneceu 13 anos traballando no diario El Nacional de Caracas e nunha escola secundaria ata 1982, e publicou a obra La casa de los siete espejos (1975).

En 1981, tendo o seu avó 99 anos e estando o mesmo ás portas da morte, comezou a lle escribir unha carta que se converteu nun manuscrito. La casa de los espíritus (1982), a súa primeira novela e, a súa obra máis coñecida. Esta suscitou un grande interese e máis tarde foi adaptada ó cine (por Bille August) e ó teatro.

En 1984, publicou De amor y de sombra, que rapidamente se converteu noutro grande éxito e que tamén foi levada ó cine. As viaxes constantes que emprendeu promovendo os seus libros fixeron que o seu matrimonio con Frías chegase a termo. Divorciada do seu marido, casou con Willie Gordon o 7 de xullo de 1988 en San Francisco.

En 1988, concorreu a votar no plebiscito que fixo dimitir ó ditador Pinochet. En 1990, co retorno da democracia en Chile, foi distinguida co premio Gabriela Mistral polo presidente Patricio Aylwin.

Trala morte da súa filla Paula, Allende publicou o libro de memorias Paula (1994). Este esta escrito en forma de carta dirixido á súa filla, cando esta se achaba en coma nun hospital de Madrid. Son unha memoria dos seus anos de nenez e de exilio. Paula morreu de porfiria en 1992.

Actualmente reside en San Rafael (California). Foi distinguida na Academia de Artes e Letras dos Estados Unidos.

Obra editar

  • La casa de los espíritus (1982).
  • La gorda de porcelana (1984).
  • De amor y de sombra (1984).
  • Eva Luna (1987).
  • Cuentos de Eva Luna (1989).
  • El plan infinito (1991).
  • Paula (1994).
  • Afrodita (1997).
  • Hija de la fortuna (1999).
  • Retrato en sepia (2000).
  • La ciudad de las bestias (2002).
  • Mi país inventado (2003)
  • El Reino del Dragón de Oro (2003)
  • El Bosque de los Pigmeos (2004)
  • El Zorro (2005)
  • Inés del alma mía (2006)

Premios editar

  • Mellor novela do ano (Chile, 1983).
  • Panorama Literario (Chile, 1983).
  • Autor do ano (Alemaña, 1984).
  • Libro do ano (Alemaña, 1984).
  • Grand Prix d'Evasion (Francia, 1984).
  • Grand Prix A radio Television Belge (Point de Olle, 1985).
  • Mellor Novela (México, 1985).
  • Premio Literario Colima (México, 1986).
  • Quality Paperback Book Club New Voice (Estados Unidos; nomeamento en 1986).
  • Autor do ano (Alemaña, 1986).
  • XV Premio Internazionale I Migliori Dell'Anno (Italia, 1987).
  • Premio Mulheres á Mellor Novela Estranxeira (Portugal, 1987).
  • Nomeamento ó Los Angeles Times Book Prize (Estados Unidos, 1987).
  • Library Journal's Best Book (Estados Unidos, 1988).
  • Before Columbus Foundation Award (Estados Unidos, 1988).
  • Premio Literario XLI Bancarella (Italia, 1993).
  • Independent Foreign Fiction Award (Inglaterra, xuño-xullo de 1993).
  • Brandeis University Major Book Collection Award (Estados Unidos, 1993).
  • Feminist of the Year Award, The Feminist; Majority Foundation (Estados Unidos, 1994).
  • Critics' Choice (Estados Unidos, 1996).
  • Books to Remember, American Library Assoc. (Estados Unidos, 1996).
  • Hispanic Heritage Award for Literature (Estados Unidos, 1996).
  • Malaparte Amici dei Capri (Italia, 1998).
  • Donna Citta Dei Roma (Italia, 1998).
  • Dorothy and Lillian Gish Award (Estados Unidos, 1998).
  • Sara Le Foundation (Estados Unidos, 1998).
  • Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia (2006).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar