Carmen Maura

actriz española

Carmen García Maura, coñecida por Carmen Maura, nada en Madrid o 15 de setembro de 1945, é unha actriz española.

Carmen Maura
Nome completoMaría del Carmen García Maura
Nacemento15 de setembro de 1945
LugarMadrid
NacionalidadeEspaña
Educada enEscola Nacional Superior das Belas-Artes
Cónxuxe(s)Francisco Forteza Pujol
Profesiónactriz, presentadora de televisión e actriz de cinema
Na rede
IMDB: nm0560962 Allocine: 2678 Allmovie: p46566
Musicbrainz: fa2cb3d6-3641-47ff-b93c-56f1246a1c97 Discogs: 1770068 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nada no barrio de Chamberí en Madrid, é sobriña-neta do político Antonio Maura, e na súa infancia era veciña de Edgar Neville e Conchita Montes.

Comezou a actuar no Teatro Español Universitario, onde a viu o crítico Alfredo Marquerie, que lle aconsellou que se dedicase profesionalmente á interpretación. A pesar de non contar co apoio da súa familia traballou en cafés-teatros e en pequenos papeis na televisión.

A finais dos anos setenta consegue os seus primeiros protagonistas no cinema, en filmes de Fernando Colomo. En 1977, actuando no teatro coñece a Pedro Almodóvar, co que comeza unha grande amizade e co que rodaría varios filmes. Estes filmes son os que levarán á Maura á fama nos anos oitenta.

Nos anos noventa, tras romperse a súa relación con Almodóvar, seguiu traballando con directores como Saura, ademais de comezar unha carreira internacional, especialmente en Francia, chegando a gaña un premio César en 2010.

Filmografía parcial editar

Televisión editar

Galardóns e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Filme Resultado
2008 Mellor actriz O menor dos males Nomeada

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

IMDb


 
 Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.