O menor dos males

O menor dos males é unha película galega dirixida por Antonio Hernández en 2007. Trátase dunha longametraxe de 110 minutos de duración escrita por Antonio Galeano, producida a súa totalidade por Voz Audiovisual e rodada na Ponte Maceira (Negreira).

No elenco desta comedia galardoada con tres premios no Festival de Cine de Málaga 2007 figuran os actores galegos César Cambeiro, Berta Ojea, Antonio Durán "Morris" e Xabier Deive.

Sinopse editar

A película conta a historia de Eduardo, un pai de familia residente en Madrid e que se dedica profesionalmente a política ocupando un posto de relevancia. Ten unha irmá, Julia, residente na casa familiar de Galicia e á que decide visitar sen previo aviso.

Eduardo intenta que Julia marche da casa e lla deixe a fin de semana coa excusa dunha importante reunión de traballo. Ante a negativa dela, acaba por confesarlle que o que pretende en realidade é pasar eses días coa súa amante, Vanessa, unha moza moi nova coa que leva dous anos.

Participou no Festival de Cine de Ourense en novembro de 2007 e a súa estrea nos cines españois produciuse o 14 de marzo de 2008.

Elenco de actores editar

Equipo técnico editar

Galardóns e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Receptor Resultado
2008 Mellor actriz Carmen Maura Nomeada
Mellor montaxe Jorge Coira Gañador
Mellor son Carlos Mouriño Nomeado

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar