A Ponte Maceira, Portor, Negreira

lugar da parroquia de Portor, no concello de Negreira

A Ponte Maceira é unha aldea que está situada na parroquia de Portor, na parte leste do concello de Negreira. É unha poboación que está cruzada polo río Tambre.

A Ponte Maceira

Ponte medieval.
ParroquiaPortor
ConcelloNegreira
Coordenadas42°54′20″N 8°41′47″O / 42.905655553743, -8.6964360606247
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

En Ponte Maceira, entre os municipios de Ames e Negreira, está o conxunto monumental formado polo poboado primitivo, un antigo muíño, presa, capela, un pazo moderno e a gran ponte, construída sobre o Tambre no século XIII, aproveitando os piares doutra romana anterior. Consta de cinco arcos e dous máis pequenos.

Historia

editar
 
Escudo do concello de Negreira
 
Conxunto patrimonial de Ponte Maceira.

Era paso obrigado no Camiño marítimo de Santiago unindo a cidade do Apóstolo Santiago con Fisterra. Existe unha coñecida lenda, que xa recollera o Códice Calixtino (Libro III, Capítulo I), que relaciona Negreira coa tradición xacobea. A lenda afirma que os discípulos do Apóstolo Santiago viñan a todo correr dende o norte, xa que non atopaban quen acollera o corpo decapitado de seu mestre. Detrás deles, os lexionarios romanos trataban de darlles caza. Os cristiáns cruzaron a Ponte Maceira e viron como, de súpeto, cando o facían os romanos, a ponte veuse abaixo e grazas a esta intervención "divina" conseguiron escapar. Esta lenda quedou reflectida no escudo do concello desde 1866, cando se aprobou o deseño do actual escudo: "O consistorio na sesión plenaria do 24 de febreiro do 1866 deixaba escrito: Este pois é o acontecemento que este concello se propón lembrar no seu escudo de armas" [1].

Aquí tivo lugar, nos primeiros anos do século XII, unha batalla entre os homes do primeiro arcebispo de Compostela Diego Xelmírez e as tropas de Pedro Froilaz de Trava e os seus fillos Fernán Pérez de Traba e Bermudo, cos que os enfrontamentos na fronteira do Tambre da Terra de Santiago eran habituais. A Historia Compostelá relata o feito:

...Por este tempo o conde Pedro, aio do rei, cos seus fillos Bermudo e Fernando e os seus auxiliares, molestaba a Compostela e asaltaba frecuentemente aos homes e os gandos. Unhas veces saía ben, outras dáballe as costas ás frechas, segundo as vicisitudes da guerra. Como o pasou en Ponte Maceira, e os moitos homes e armas que perdeu, sería longo de contar...

En arquitectura relixiosa destaca a igrexa románica de Portor.

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Negreira.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Portor

editar
Lugares da parroquia de Portor no concello de Negreira (A Coruña)

Fontemirón | Os Outeiros | Piñeiro | A Ponte Maceira | Portor | Rebordáns | Saleiróns

Parroquias de Negreira

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Negreira

Alvite (San Tomé) | Aro (San Vicenzo) | Arzón (San Cristovo) | Broño (San Martiño) | Bugallido (San Pedro) | Campelo (San Fins) | Campolongo (Santa Cruz) | Covas (Santa María) | Gonte (San Pedro) | Landeira (Santo Estevo) | Liñaio (San Martiño) | Logrosa (Santa Baia) | Lueiro (Santa Baia) | Negreira (San Xián) | A Pena (San Mamede) | Portor (Santa María) | Xallas (San Pedro) | Zas (San Mamede)