Xallas, Negreira
parroquia civil do concello de Negreira
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xallas.
San Pedro de Xallas é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 201 habitantes (95 homes e 106 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 276 habitantes.
Xallas | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Xallas | |
Concello | Negreira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°53′54″N 8°51′25″O / 42.89833819, -8.85703959Coordenadas: 42°53′54″N 8°51′25″O / 42.89833819, -8.85703959 |
Área | 16,87 km² |
Poboación | 201 hab. (2013) |
Densidade | 11,91 hab./km² |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Festas
editarO seu patrón é San Pedro, o 29 de xuño, pero tamén se fai festa na honra á Virxe das Neves o 5 de agosto. O 24 de xuño celébrase a romaría de San Xoán do Carballoso.
Lugares e parroquias
editarLugares de Xallas
editarLugares da parroquia de Xallas no concello de Negreira (A Coruña) | |
---|---|
Agrís | Forniños | O Gorgal | Mourís | Os Outeiros | A Salgueira | Tardeado | O Vilar | Xallas de Abaixo |