Historia compostellana

crónica medieval
(Redirección desde «Historia Compostelá»)

De rebus gestis D. Didaci Gelmirez, primi compostellani archiepiscopi, Historia compostellana ou Historia compostelá[1] é unha crónica en lingua latina escrita a partir de 1109 dentro do círculo de Diego Xelmírez, primeiro bispo e despois a partir do ano 1120 arcebispo de Santiago de Compostela.

Miniatura representando o descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago polo bispo Teodomiro, cun anxo incensando e indicando cal é.

Descrición

editar

A finalidade da obra é rexistrar os feitos realizados por Xelmírez para engrandecer a sé apostólica e dá unha perspectiva dende o reino de Galicia dos sucesos que acontecen no seu tempo, constituíndo deste xeito unha fonte historiográfica de gran valor ao incluír documentos históricos no propio texto.

 
ESPAÑA SAGRADA
THEATRO GEOGRAPHICO-HISTORICO
DE LA IGLESIA DE ESPAÑA
TOMO XX.
HISTORIA COMPOSTELANA
Dala a luz el M.R.P.Mro.Fr.Henrique Florez
1765

A Historia compostellana abrangue entre os anos 1100 e 1139 e contense en tres libros. O primeiro redactor foi Nuño Alfonso, cóengo da Catedral de Santiago de Compostela (e bispo de Mondoñedo dende 1112), que comezou o traballo logo da morte do rei Afonso VI de León (1109), aínda que contou con varios colaboradores, principalmente Hugo (cóengo compostelán que sería bispo do Porto, de orixe francesa) e Xiraldo de Beauvais, amigos persoais de Xelmírez. Xiraldo escribiu a maior parte da historia, continuando o labor a partir do ano 1120. Outros colaboradores foron Pedro Anaia e posibelmente, Rainerio o magister.

"Pasados os quince días establecidos, os aragoneses fan a entrega do castelo á raíña. Oh, canta e que excelente gloria militar proporcionou aos galegos aquel día en que o Batallador aragonés se retirou ante eles! Pero moito máis excelente e máis alegre foi cando a valorosa forza de Galicia protexeu a Castela e aos seus cabaleiros do ataque dos inimigos e obrigou a entregar o castelo do aragonés. Oh, vergoña! Os casteláns precisan de forzas alleas e son protexidos pola audacia dos galegos! Que será deses covardes cabaleiros cando o exército de Galicia, o seu escudo e protección, marche?". (tradución ao galego de Wikipedia)

— Extracto da Historia compostellana, Libro I, Capítulo 90.[2]

Consérvanse diversos manuscritos da Historia compostellana, os máis importantes os custodiados na biblioteca da Universidade de Salamanca (ms. S, séc. XIII) e no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela (ms. A, séc. XIV).

Galería de imaxes

editar
  1. Así figura citada en Ante a Historia Compostelá, ensaio de Claudio Sánchez Albornoz traducido por María Fe González e publicado pola Editorial Trifolium en 2010.
  2. Falque Rey 1994, p. 216.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar