Manuel Díaz y Díaz

lingüista e medievalista galego
(Redirección desde «Manuel Díaz Díaz»)

Manuel Cecilio Díaz y Díaz, nado en Mugardos o 14 de agosto de 1924 e finado en Santiago de Compostela o 4 de febreiro de 2008 foi un latinista e medievalista galego.

Manuel Díaz y Díaz
Medalla de Galiza.svg
Nome completoManuel Cecilio Díaz y Díaz
Nacemento14 de agosto de 1924
Lugar de nacementoMugardos
Falecemento4 de febreiro de 2008
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Madrid
Ocupacióncatedrático, catedrático de universidade, profesor universitario, filólogo, escritor e medievalista
FillosJosé Manuel Díaz de Bustamante
Premiosdoutor honoris causa pola Universidade de Salamanca e Corresponding Fellow of the Medieval Academy of America
Na rede
Dialnet: 918799
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Madrid en 1945. Fixo o doutoramento en 1949, obtivo praza de catedrático de instituto e, despois, de catedrático de Filoloxía Latina nas Universidades de Valencia (1953-1956), Salamanca (1956-1968) e finalmente na Universidade de Santiago de Compostela dende 1968. Entre 1971 e 1974 foi director do Colexio Universitario de Lugo. Membro da sección de Patrimonio Histórico do Consello da Cultura Galega polo Instituto de Estudos Xacobeos dende 1991, investigou sobre todo o latín medieval. Era especialista en lingua e literatura latinas e en numerosos aspectos do mundo medieval (literatura, Cristianismo, Codicoloxía o Paleografía, entre outros). Casou con Joaquina de Bustamante e tivo cinco fillos, entre eles o filólogo José Manuel Díaz de Bustamante.

Os seus traballos abarcan todas as materias relacionadas coa Idade Media española: desde o estudo da cultura libresca visigoda, ata os inicios da cronística do Reino de Asturias. Foi mestre e mentor de toda unha xeración de historiadores e filólogos. Entre os seus discípulos figuran Santiago Jiménez, Fernando López Alsina e Mercedes Brea.

Foi o primeiro presidente da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario en Galicia (ACSUG).

RecoñecementosEditar

Recibiu en 1979 a Medalla ao Mérito Docente da Orde de Afonso X o Sabio, e en 1997, o Premio Nacional de Investigación Ramón Menéndez Pidal; en 2003, o sétimo premio do Grupo Compostela, de universidades de toda Europa. Foi doutor honoris causa polas Universidades Clásica de Lisboa (1980), Salamanca (1993), Coímbra (2002) e León. En 1991 recibiu a medalla de Prata de Galicia, e en 1994 o Concello de Santiago outorgoulle a Medalla de Ouro ao mérito cultural. O Grupo Compostela de Universidades concedeulle en 2003 o VII Premio Internacional Compostela-Xunta de Galicia. Foi académico correspondente da Academia de Ciencias de Lisboa.

ObrasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar