Amable Veiga

lingüista galego

Amable Veiga Arias, nado en Triacastela o 17 de abril de 1929 e finado en San Pedro de Benquerencia (Barreiros) o 22 de abril de 1994, foi un lingüista galego especializado en estudos clásicos e fonoloxía. Os seus estudos sobre esta rama foron pioneiros na lingüística galega.

Amable Veiga
Nacemento17 de abril de 1929
Lugar de nacementoTriacastela
Falecemento22 de abril de 1994
Lugar de falecementoSan Pedro de Benquerencia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Central e Universidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónlingüista e profesor de ensino secundario
Na rede
Dialnet: 895446
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fixo os seus estudos de bacharelato en Lugo e Estudou os primeiros anos de Filoloxía clásica na universidade de Santiago de Compostela e despois marchou a Madrid onde se licenciou pola Universidade Central,[1] presentando a súa tesiña de licenciatura "El estilo indirecto en el libro IV de Tito Livio" en 1957.

Nos anos seguintes foi profesor de latín en bacharelato, catedrático da mesma materia e director no Instituto Masculino de Lugo (actualmente IES Lucus Augusti) desde o ano 1962. Tres anos despois comezou a publicar na revista Grial os resultados das súas investigacións sistemáticas sobre fonoloxía da lingua galega, traballos que foron recollidos en libro en 1976.

En 1980 leu a súa tese de doutoramento (Algunas calas en los orígenes del gallego) na Universidade de Santiago de Compostela, dirixida polo profesor Manuel Díaz y Díaz, e cualificada con sobresaliente cum laude, na que trataba sobre fenómenos seleccionados de fonética primitiva no galego altomedieval, estudo de grande importancia para fixar a fonética histórica do galego (caída de /n/ e /l/ intervocálicos, formación de ditongos, tratamento evolutivo de consoantes xeminadas etc.) que realizou a partir da documentación medieval publicada entón dispoñíbel (e que era sen dúbida escasa con relación á actualidade; baste indicar que non puido case utilizar a rica documentación do mosteiro de Sobrado, que pouco despois daría a luz José María Ramos Loscertales).

Nos anos seguintes Veiga Arias publicou diversos estudos en revistas.

Publicacións editar

Libros editar

  • Fonología gallega: fonemática. Valencia. Bello. 1976, 150 páxs ISBN 84-212-0038-0
  • Algunas calas en los orígenes del gallego. Vigo. Galaxia. 1983, 312 páxs (tese doutoramento) ISBN 84-7154-423-7
  • (póstuma) en colaboración con María Rosa Pérez e Alexandre Veiga, Estudios lingüísticos. Sada. Ed. do Castro. 1998, 121 páxs ISBN 84-7492-883-4

Artigos (selección) editar

  • "Fonología gallega: fonemática: el sistema vocálico", Grial, Vigo, 10 (1965), páxs. 390-403.[2]
  • "Il corre...que..", Grial, Vigo, 14 (1966), páxs. 492-493.
  • "Dominancia y redundancia en lingüística", na revista Verba, Santiago, 11 (1984), páxs. 3-64.
  • "Touca-toca", CEG, Santiago, t. 35, nº 100, 1984-1985, páxs. 677-686.
  • "Oter de Selas", revista Lucus, Lugo, 35 (1985), páxs. 48-49.
  • "Patronímicos en -ez y otros estudios de onomástica gallega", na revista Verba, Santiago, nº 16 (1989), páxs 5-30.
  • "Reaproximación estructural a la lenición protorromance", na revista Verba, Santiago, 15 (1988), páxs. 17-78.

Notas editar

  1. Cora, José de (28 de abril de 2022). "Amable Veiga, el nacimiento de la fonología gallega". bitacoradecora.galiciae.com (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2023. 
  2. A este artigo seguirían varios máis nos anos seguintes, logo recollidos no primeiro dos libros seus, en 1976.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Alonxo Montero, X. (1995): "Amable Veiga Arias, 1929-1994: retrato dun lingüista excepcional", en Moenia. Revista lucense de lingüística e literatura, vol. I.

Outros artigos editar