Mercedes Brea López

lingüista española
(Redirección desde «Mercedes Brea»)

María de las Mercedes Brea López, nada na Estrada o 31 de maio de 1950,[1] é unha filóloga galega da área de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela.

Mercedes Brea López
Nome completoMercedes Brea López
Nacemento31 de maio de 1950
Lugar de nacementoA Estrada
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónlingüista
Na rede
Dialnet: 48015
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

En 1972 licenciouse en Filosofía e Letras (sección de filoloxía románica) pola Universidade de Santiago de Compostela, acadando o Premio extraordinario fin de carreira e máis o Premio nacional fin de carreira. En 1973 comezou como docente na universidade compostelá. Máis tarde, en 1975, doutorouse en Filoloxía Románica. En 1983 pasou a traballar na Universidade de Granada,[1] converténdose en catedrática en 1984. Regresou á USC en 1986. En 2000 foi elixida decana da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén foi Directora do Servizo de Publicacións e Vicerreitora de Profesorado na USC.

Ademais dirixe a Escola de Doutoramento en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, e coordina o grupo de investigación GI-1350 da USC, ademais da Rede de estudos medievais interdisciplinares que subvenciona a Xunta de Galicia.[2]

É colaboradora de revistas coma Verba, Grial, Revista Galega do Ensino ou Revistas de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca. Exerce de investigadora principal no proxecto O cancioneiro de xograres galegos.

Obra Editar

  • Lírica profana galego-portuguesa. Corpus completo das cantigas medievais, con estudio biográfico, análise retórica e bibliografía específica (1996).
  • Martín Codax, Mendiño e Johan de Cangas (1998)
  • A cantiga de amigo (1998, co-autoría con Pilar Lorenzo)
  • Cantigas do Mar de Vigo. Edición crítica das cantigas de Meendinho, Johan de Cangas e Martín Códax (1998; coordinadora)
  • "As cantigas da Ría de Vigo", en Cantigas do Mar. Homenaxe a Johan de Cangas, Mendinho e Martín Códax (1998)
  • "E verra i, mia madre, o meu amigo", en Día das Letras Galegas 1998. Martín Códax, Mendiño e Johán de Cangas (1998)
  • "Os santuarios á beira do mar", en Johán de Cangas, Martín Códax, Meendinho. 1200-1350, lírica medieval (1998)
  • "As cantigas de Santa María", en Proxecto Galicia (2000)
  • "D. Xosé Filgueira Valverde e as Cantigas de Santa María", no Memorial Filgueira Valverde. Estudios sobre lírica medieval galego-portuguesa (2002).
  • "D. Xosé Filgueira Valverde e a lírica galego-portuguesa" en Xosé Filgueira Valverde. 1906-1996. Un século de Galicia,[3] Museo de Pontevedra (2007), ISBN 978-84-95632-34-0:

Notas Editar