Verba. Anuario Galego de Filoloxía

revista galega
(Redirección desde «Verba (revista)»)

Verba. Anuario Galego de Filoloxía é unha revista anual fundada en 1974 pola Universidade de Santiago de Compostela coa intención de difundir os estudos filolóxicos realizados en Galicia coa vocación de dedicar unha atención preferente á lingua galega.

Verba. Anuario galego de filoloxía
PaísEspaña
Lugar de publicaciónSantiago de Compostela
LinguaGalego, castelán, portugués, catalán, francés, italiano, inglés e alemán
CategoríaFiloloxía
AbreviaturaVerba
Fundación1974
Primeira edición1974
Desenvolvemento
EditorUniversidade de Santiago de Compostela
Circulación
FrecuenciaAnual
ISSN0210-377X
Na rede
http://www.usc.es/revistas/index.php/verba, http://dspace.usc.es/handle/10347/466/browse?type=dateissued&submit_browse=Data+de+publicaci%C3%B3n e http://www.usc.es/gl/servizos/publicacions/revistas/verba/
editar datos en Wikidata ]

Características editar

A pesar da súa intención inicial, a recepción da revista nos ambientes universitarios españois, europeos e americanos abriu o camiño para que especialistas de distintas procedencias ampliasen o seu catálogo de temas e de linguas de traballo.

A revista abarca campos como: gramática, fonoloxía, léxico, edición de textos, teoría lingüística e pragmática, e admite orixinais en galego, castelán, portugués, catalán, francés, italiano, inglés e alemán.

Ademais do volume anual, a revista edita unha colección de anexos monográficos que, en 2012, chegaban a 70 títulos.

No índice RESH, Verba situábase, no período 2004-2008, no posto 6 de 121 entre as revistas españolas de Filoloxía Hispánica de maior impacto. O indicador que mide o impacto é a taxa de citación, calculada en función das citas nas principais revistas científicas españolas e as citas recibidas na Web of Science.

Verba dispón dun portal dixital que se publíca en galego, español, francés e inglés.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar