Carlos Mouriño
Manuel Carlos Mouriño Atanes máis coñecido como Carlos Mouriño, nado en Vigo o 4 de marzo de 1943, é un empresario galego, presidente do grupo corporativo GES e actual presidente do Celta de Vigo dende o 2006.[1]
![]() (2018) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1943 ![]() Vigo, España ![]() |
Presidente Celta de Vigo | |
2006 – 2023 – Marián Mouriño → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | empresario ![]() |
Familia | |
Fillos | Juan Camilo Mouriño, Marián Mouriño ![]() |
Traxectoria
editarCarreira empresarial e política
editarComezou os seus estudos no colexio Salesianos de Vigo. Mentres cursaba os seus estudos de secundaria traballou de auxiliar administrativo na axencia de viaxes Amado, e máis tarde en Lage e Cía, unha empresa de recambios para o automóbil. Ao acabar os seus estudos mudouse a Madrid, onde traballou como xefe de administración na factoría de pezas metálicas Riomiño, e máis tarde de director xeral en Nautrónica S.A., empresa estadounidense de equipamentos marítimos.[Cómpre referencia]
En 1978, tras a crise económica de Nautrónica S.A., Carlos Mouriño decide emigrar a México para traballar nunha cadea hostaleira do seu sogro. Movido polo éxito das empresas do seu sogro decide fundar a súa primeira compañía, Ivancar, dedicada á fabricación de tapetes para automóbiles. Tamén funda unha empresa de reciclaxe de papel.[Cómpre referencia]
Xa en 1985, o seu grande éxito empresarial lévalle á compra dunha cadea de gasolineiras en Campeche, o Grupo Energetico do Sueste; que se expande a outras 4 provincias de México, ata chegar a un total de 35 gasolineiras.[Cómpre referencia]
En 1990 comprou un paquete de accións de Banco Unión por un millón de pesos, os cales perdeu tras o escándalo de fraude bancaria dese banco.
Na actualidade participa en moitas outras empresas, xa sexa como presidente en Gándara Censa, Inverhismex e Construcións Exisa; como conselleiro bancario de Banamex, Inverlat e Banca Serfin, ou como investidor en empresas de alimentos tan coñecidas como Burger King ou Benedetti's Pizzas.[Cómpre referencia]
Celta de Vigo
editarPrimeiro ano (2006)
editarO 16 de xuño de 2006 chegou aínda acordo co entón presidente do Celta, Horacio Gómez Araújo para comprar as súas accións e facerse así máximo accionista do consello de Administración e dono do Real Club Celta de Vigo.[1]
Mouriño tomaba o Celta no verán, tras clasificarse o ano anterior para disputar a UEFA. Entendíase que o equipo estivera por riba das súas posibilidades e xa que logo non se esperaba repetir aquela xesta. Pero as cousas foron moito peor do que se esperaba, xa que tras unha serie de resultados irregulares, e tras a destitución de Fernando Vázquez como adestrador e a posterior contratación de Hristo Stoichkov, o equipo ocupaba praza de descenso a falta dunhas xornadas para acabar a tempada. O equipo non foi capaz de manter a categoría a pesar de gañar os seus tres últimos encontros, e descendeu á Segunda división. Iniciábase así un gran aluvión de críticas cara a Carlos Mouriño en particular.
Etapa en Segunda División
editarO verán de 2007 trouxo moitos cambios tanto no equipo como na dirección do equipo celeste. Ademais das vendas de xogadores como Fernando Baiano, Ángel ou Nené, foi de gran repercusión a non renovación de contrato de Gustavo López, xogador máis valorado do equipo do ano pasado, e ídolo da afección. E iso, xunto coa rescisión de contrato de moitos traballadores do club, contribuíu máis a diminuír o apoio e a masa social do club, que entendían que non se estaban a facer as cousas ben e verqueron as súas críticas sobre Carlos Mouriño. Máis tarde comprendeuse a non renovación de Gustavo López debido á crise económica que atravesaba o club, e as altas pretensións salariais do xogador, que se negou a manter o salario do ano anterior ao descenso.[2]
O proxecto confiado a Hristo Stoichkov non funcionou, e o club acabou a tempada a 2 puntos do descenso a Segunda División B, con 3 cambios de adestrador na mesma tempada.
A tempada seguinte, seguíase buscando o asalto á Primeira División cun proxecto totalmente distinto, e así poder recuperar á afección que abandonara ao equipo. Con palabras do propio Carlos Mouriño buscábase ser o equipo de Galicia, e por iso formouse un equipo formado por un gran número de xogadores galegos. Ademais, contratou á súa filla Marián como directora de Mercadotecnia do equipo celeste.
O 4 de novembro de 2008 sofre un duro pau tras o falecemento do seu fillo Juan Camilo nun accidente de avioneta, á idade de 37 anos.[3]
No plano deportivo, a tempada non foi moi positiva, terminando a 2 postos do descenso. No aspecto económico, o 10 de xuño de 2008 anunciábase que o equipo se acollería á Lei Concursal, debido á grave situación económica e á presión dos acredores.
Iníciase así unha recuperación económica nun club moi maltreito, e a reconciliación de Carlos Mouriño coa afección. Debido á boa xestión económica, e a accións como a inxección de sete millóns de euros para sufragar as débedas do club[4] Mouriño gáñase o apoio da afección, e é recoñecido por moitos como o "Salvador do Celta".
Carlos Mouriño tomou certas medidas impopulares que lle fixeron perder confianza entre a afección, como a venda do canteirán Joselu ao Real Madrid por só un millón e medio de euros, xa que se lle vía como un xogador cunha gran proxección e polo que se podería sacar máis diñeiro nun futuro. O entón técnico do Celta de Vigo, Eusebio Sacristán defendeu a Carlos Mouriño en rolda de prensa aclarando que era necesaria a venda do canteirán para a viabilidade económica do club. Finalmente, a decepcionante tempada do canteirán converteu o seu traspaso nunha gran operación do club celeste.[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Horacio Gómez deja la presidencia del Celta tras once años". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 16 de setembro de 2013.
- ↑ "El Celta hace públicas las cantidades económicas que recibió Gustavo López", artigo en Marca (en castelán).
- ↑ "Fallece Juan Camilo Mouriño en un accidente de avioneta", artigo en Sport (en castelán).
- ↑ "Mouriño desvela que xa inxectou case sete millóns de euros no Celta" Arquivado 04 de abril de 2012 en Wayback Machine., artigo en La Región.
- ↑ "La venta de Joselu es un sacrificio para el club, artigo en As (en castelán).