Malena Alterio
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Malena Grisel Alterio Acaioca, coñecida artisticamente como Malena Alterio, nada en Buenos Aires o 21 de xaneiro de 1974, é unha actriz hispano-arxentina.
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Malena Grisel Alterio 21 de xaneiro de 1974 (50 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Período de actividade | 1995 - |
Familia | |
Cónxuxe | Luis Bermejo Prieto (–2017) |
Pai | Héctor Alterio |
Irmáns | Ernesto Alterio |
Premios | |
| |
|
Traxectoria
editarFilla de Héctor Alterio e irmá de Ernesto Alterio. Cando apenas contaba cuns meses a súa familia emigrou a Madrid. Malena estudou na escola de Cristina Rota. Tivo a súa primeira oportunidade no cine cunha comedia titulada El palo (2000), onde interpretaba a un personaxe dunha ladroa marxinal que se facía chamar pecho-lata. Ao ano seguinte era finalista aos Premios Goya na categoría de Mellor Actriz Revelación. A este traballo sumaríaselle os levados a cabo en Las voces de la noche (2003) e en As voces da noite (2004). En 2004 entregou o Goya de Honra ao seu pai, en compañía do seu irmán.
A fama chegoulle coa serie Aquí no hay quien viva na que interpretou durante tres anos o papel de Belén. Grazas ao éxito da serie, Malena obtivo o premio á Mellor actriz secundaria da Unión de Actores en 2004, unha candidatura aos Fotogramas de Prata en 2005 e o Premio á Mellor Actriz segundo a Academia de Televisión Española en 2005.
O 6 de xullo de 2006, Aquí no hay quien viva chegou ao seu fin por mor da compra do 15% da produtora por parte de Telecinco. Aquí no hay quien viva seguía sendo a serie máis vista de España e xunto con Los Serrano eran as únicas que superaban o 30% da audiencia.
En abril de 2007, Telecinco estreou La que se avecina na que Malena Alterio interpretou a Cristina durante a primeira tempada de 13 capítulos.
En 2008 interpretou sobre os escenarios madrileños a obra Tío Vania, de Antón Chéjov, e en agosto do mesmo ano estreouse a película nos cines de España Una palabra tuya no seu primeiro papel protagonista, xunto a outra actriz televisiva Esperanza Pedreño, a Cañizares da tamén exitosa serie de Telecinco Camera Café.
En 2009 estreouse Al final del camino, na que Malena é a protagonista da historia xunto a Fernando Tejero, con quen xa traballara en Aquí no hay quien viva. Deuse a noticia de que estaban comezando a rodar unha serie chamada Supercharly que se estrearía en Telecinco a principios de 2010, pero Telecinco decidiu atrasala ao verán do mesmo ano. A súa rodaxe cancelouse cando xa tiñan rodados 5 dos 13 capítulos da primeira tempada e emitiuse no verán de 2010.
En 2010, Malena estivo no Teatro Valle-Inclán coa obra Madre Coraje y sus hijos que se estreou o 11 de febreiro de 2010 e en principio ía terminar o 4 de abril pero se prorrogou ata o 11 de abril pola gran demanda de entradas para asistir á obra. Ese mesmo ano estreou a súa película Nacidas para sufrir onde interpretaba a unha monxa. Posteriormente involucrouse nunha nova serie de televisión para laSexta chamada BuenAgente, que se emitiu entre o 5 de maio e o 2 de decembro de 2011.
En 2010 tamén gravou en Alacant o filme Cinco metros cuadrados, protagonizada xunto a Fernando Tejero e Jorge Bosch, o cal estreouse nos cines logo de gañar 5 Biznagas de oro no XIV Festival de cine de Málaga. A película estreouse o 11 de novembro de 2011.
Este marzo de 2011, Malena alzouse co premio Fotogramas de Prata 2010 á Mellor Actriz de teatro, pola súa obra Madre Coraje y sus hijos.
A principios de 2012 rodou en Barcelona unha miniserie para Televisión Española de só dous episodios chamada Una carta para Evita, sobre a viaxe de Eva Perón a España en época de Franco e dirixida polo director de Pa negre Agustí Villalonga.
En 2012, Malena participa na obra teatral Los hijos se han dormido que é unha adaptación da obra dramática A gaivota de Anton Chejov.
Vida persoal
editarÉ cuñada de Juana Acosta e parella de Luis Bermejo Prieto.
Filmografía
editarCurtametraxes
editar- Desaliñada (2001), dirixida por Gustavo Salmerón.
- Mezclar es malísimo(2001) , dirixida por Davis Derrano
- El Balancín de Iván (2002), dirixida por Darío Stegmayer. Como Eva.
- Entre nosotros (2005), dirixida por Darío Stegmayer. Como Patricia.
Longametraxes
editar- El Palo (2001), dirixida por Eva Lesmes. Como Violeta.
- Cásate conmigo, Maribel (2003), dirixida por Ángel Blasco. Como Nini.
- Torremolinos 73 (2003), dirixida por Pablo Berger. Como Vanessa.
- Las voces de la noche (2004), dirixida por Salvador García Ruiz. Como Julia.
- Semen, una historia de amor (2005), dirixida por Inés París e Daniela Fejerman. Como Enfermera.
- Miguel and William (2006), dirixida por Inés París (2006). Como Magdalena.
- Días de cine (2006), dirixida por David Serrano . Como Gloria.
- La torre de Suso (2007), dirixida por Tomás Fernández (2006). Como Marta.
- Casual Day (2007), dirixida por Max Lemcke. Como Bea.
- Una palabra tuya (2008), dirixida por Ángeles González-Sinde. Como Rosario.
- Al final del camino (2009), dirixida por Roberto Santiago. Como Pilar.
- Nacidas para sufrir (2010), dirixida por Miguel Albaladejo. Como Marta.
- Cinco metros cuadrados (2011), dirixida por Max Lemcke. Como Virginia.
- Perdiendo el Norte (2014)
Series
editar- Hermanas (1998). Como Isabel (episódico)
- El comisario (2003). Como Lorena (varios episodios)
- Aquí no hay quien viva (2003-2006) como Belén López Vázquez (protagonista)
- La que se avecina (2007) como Cristina Aguilera (protagonista)
- Supercharly (2010). Como Leonor (Leo) (protagonista).
- BuenAgente (2011). Como Lola (protagonista).
- Una carta para Evita (2011) (secundaria).
Teatro
editar- Charitys (1996).
- Musicantes (1996).
- Náufragos (1997).
- Lorca al rojo vivo (1998).
- La barraca (1998).
- Encierro (1999).
- La pastelera (1999)
- El obedecedor (2000)
- Rulos (2001).
- Séptimo cielo.
- Tío Vania (2007).
- Madre Coraje y sus hijos (2011).
- Los hijos se han dormido (2012).
Premios
editarAno | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2001 | Mellor actriz revelación | El palo | Candidata |
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2003 | Mellor actriz secundaria de televisión | Aquí no hay quien viva | Gañadora |
2008 | Mellor actriz secundaria de teatro | Tío Vania | Gañadora |
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Mellor actriz de televisión | Aquí no hay quien viva | Candidata |
2010 | Mellor actriz de teatro | Madre Coraje y sus hijos | Gañadora |
- Helecho de Bronce
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2005 | Mellor actriz ou actor (xunto a seu pai Héctor Alterio e seu irmán Ernesto Alterio) | Entre nosotros | Gañadora |
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Mellor interpretación feminina | Aquí no hay quien viva | Gañadora |
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor interpretación feminina | O Balancín de Iván | Gañadora |
- Festival Solidario de Cine Español de Cáceres
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Mellor actriz | Una palabra tuya | Gañadora |
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor actriz | Cinco metros cuadrados | Gañadora |
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Mellor interpretación teatral | Tío Vania | Candidata |
- Premios Pizquita Series
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor interpretación feminina en serie cómica española | BuenAgente | Gañadora |