La que se avecina
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
La que se avecina é unha serie de televisión española baseada no humor e producida por Mediaset España e Infinia[1] e emitida por Telecinco desde o 22 de abril de 2006 con bos rexistros de audiencia. A serie, que é unha adaptación da exitosa Aquí no hay quien viva, estreouse cun 28,8% de share e foi líder de audiencia en case todas as súas emisións durante a primeira tempada[2].
La que se avecina | |
---|---|
Formato | Comedia |
Creado por | Alberto Caballero Laura Caballero Daniel Deorador |
Tema de apertura | Big Bang Boka |
País de orixe | España |
Episodios | 144 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Mediaset España Alberto Caballero Esther Jiménez |
Produtor(es) | Alba Adriática (2007-2010) Infinia (2010-) |
Duración | 85-95 minutos aprox. |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Telecinco |
Formato de imaxe | 16:9 SDTV |
Primeiro episodio | 22 de abril 2007 |
Derradeiro episodio | actualidade |
Na rede | |
http://www.telecinco.es/laqueseavecina | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
La que se avecina conta a historia da comunidade de veciños «Mirador de Montepinar», un bloque de apartamentos. A serie, que ten 144 capítulos nas súas dez tempadas, ademais dun especial de Nadal[3], foi emitida en varios días da semana desde o seu lanzamento. Un dos peores momentos da serie foi na súa segunda tempada, cando tivo que ser retirada temporalmente despois de dez episodios e de ser trasladados ao late night da cadea[4]. Actualmente, o equipo e a cadea están satisfeitos cos resultados da comedia, xa que chegou a superar en varias ocasións a moitas ofertas da competencia[5].
En marzo do 2014 acabou a sétima tempada, pero a serie xa está renovada por outra, que terá 16 episodios e será estreada en Telecinco.
Historia
editarTelecinco anunciou o 2 de xuño de 2006, que chegara a un acordo para adquirir o 15% da produción de José Luis Moreno Miramón Mendi , por 11 millóns de euros[6]. A declaración significa que, cando en xullo do mesmo ano, o empresario finalizase o contrato con Antena 3, a produtora xa non podería facer máis episodios de Aquí no hay quien viva para a cadea[7]. Entón, Telecinco creou a súa adaptación, chamada inicialmente Atocha 20 como título provisional[8]. A serie, que continúa actualmente en emisión, conta con gran parte do elenco de actores da súa antecesora, aínda que en personaxes diferentes, e co mesmo equipo técnico.
O 13 de decembro de 2006, Telecinco presentou nunha conferencia de prensa o equipo da serie[9], confirmando, ademais, que sería estreada, en principio, durante o primeiro trimestre de 2007. Meses despois, a serie foi presentada o 19 de abril de 2007 e días máis tarde comezou a ser emitida[10], cubrindo a franxa do domingo e sendo líder de audiencia en case todas as emisións da súa primeira tempada[2]. A partir de maio de 2010 e ata agora, emítese diariamente na canle dixital FactoríaDeFicción (competindo coa súa antecesora Aquí no hay quien viva emitida en Neox), rompendo marcas de audiencia, e superando incluso as grandes cadeas. Tamén se emite en Paramount Comedy[11] e nas plataformas ONO e Imagenio[12][13].
Elenco para a oitava tempada
editarAquí móstranse os personaxes da oitava tempada da serie, que se emitirá en Telecinco:
- Coque Calatrava: É o conserxe do inmóbel. É adicto aos porros e non cobra o seu salario. Mantivo unha relación sentimental coa muller de Antonio Recio. Agora sae con Nines, a curmá de Raquel.
- Enrique Pastor: É un concelleiro do concello, e ademais, preside a súa comunidade. É un home con facilidade de palabra e boa persoa. Os seus mellores amigos na comunidade son Coque e Antonio, amizade que non abandonou dende a primeira vez que os coñeceu.
- Araceli Madariaga: Foi a muller de Enrique, e ambos os dous conviven no baixo B, cre moito no mundo espiritual e pensa que os humanos estamos formados por enerxías. Na sétima tempada ten unha relación con Berta, pero abandónaa cunha nota dicíndolle que ía volver para o Tíbet ou Gandia. Volve á comunidade na oitava tempada.
- Amador Rivas: É o home de Maite Figueroa. Un home decidido e que sempre quere cumprir as súas metas, como ter unha moto, un convertíbel, ou mesmo ter relacións sexuais.
- Maite Figueroa: É a muller de Amador, co que casou dúas veces. Ten 3 fillos con el e 1 fillo con Sergio Arias. Ten unhas amigas que non a aceptan. No final da sétima tempada vai para o cárcere 6 meses, porque tiña prohibido saír da cidade por lei.
- Raquel Villanueva: É unha rapaza á que sempre lle sae todo mal, e non ten sorte atopando noivo. Considérase unha rapaza amábel e con corazón, aínda que sempre ten que aturar a súa curmá Nines, á que ameaza con botar fóra da casa se non lle paga a súa metade do alugueiro.
- Nines Chacón: Egocéntrica e manipuladora, Nines só quere aos homes por cartos e pegou un "braguetazo" con Leo polos seus cartos. Vive no piso da súa curmá. Agora sae con Coque, o conserxe, e traballa no bar para Fermín.
- Leo Romaní: É un home solteiro e traballa nunha empresa de venda de aspiradores. Ninguén o atura, nin os seus pais, por iso, para mantelo lonxe deles, pagábanlle ás súas mozas cartos para que o aturasen un certo tempo, co obxectivo de teren máis tranquilidade. A pesar disto, é un bo rapaz, e ademais, o mellor amigo de Amador.
- Antonio Recio: É vendedor de marisco conxelado, cunha posición económica óptima, casado e pai de dous fillos: un con Nines e outro coa súa muller, un adolescente homosexual de 17 anos chamado Álvaro. É unha sátira do estereotipo de home de dereitas, homófobo, racista e moi amargado. Cre que a súa vida é mellor que a dos demais veciños, pero en realidade, é un auténtico desastre.
- Berta Escobar: É a muller de Antonio, co que leva 25 anos casada, até que un día decidiu pór fin ao matrimonio por infidelidade e por catástrofe. A pesar disto, ela terá ao seu marido moi presente, debido a que leva moito tempo con el. É unha muller relixiosa, clasista e moi paranoica.
- Javi Maroto: É un rapaz de 34 anos, e marido de Lola Reynolds. A súa personalidade é moi molesta, o que fai que sempre rife coa súa muller ou coa súa sogra, o que lle acarrea desgrazas. É empregado nunha empresa de informática e tamén, como el menciona, campión de taekwondo.
- Lola Reynolds: É a muller de Javi, unha rapaza caótica e que non leva ben a contorna familiar, por vivir no seu mundo de luz e cor. Máis adiante, deixa o seu aburrido traballo para seguir os pasos da súa nai, algo que non gustará a Javi.
- Vicente Maroto: É o pai de Javi, e marido de Goya, até que morreu nun accidente na cociña. É un home lacazán e que non ten nada que facer na vida, máis que pasala até o derradeiro día. Na sétima tempada atopa unha moza chamada Penélope, pero a relación acaba ao decatarse que era unha asasina de anciáns.
- Judith Becker: É unha moza alta, cunha posición económica óptima, e cun luxoso ático. Desexa atopar o seu príncipe azul, pero acabou casada con Enrique. É psicóloga, aínda que o clan das "supertacañonas" pensaba que traballaba de prostituta, despois da súa chegada. Na sétima tempada vai aos Estados Unidos para divorciarse de Enrique, pero logo volve á comunidade.
- Violeta Recio: É a irmá máis nova de Antonio Recio. Acabou encerrada nun psiquiátrico, debido a que padece unha doenza mental. Aparece por primeira vez na segunda tempada. Na sétima tempada o seu irmán métea nun convento, pero logo sácaa de alí. Volverá aparecer na oitava tempada.
- Dylan Pastor Becker: É o fillo de Judith e Enrique. Naceu en Chicago. Aínda que o seu pai é Enrique, Judith dilles os veciños que se chama Dylan Becker. O nome púxollo dun personaxe de Sensación de Vivir, Dylan McKay.
- Petra Martínez, como Josefa "Fina" Palomares Pizarro: É unha amiga de Mari Tere, e coñecéronse en Benidorm. Pouco se sabe dela. Aparecera na oitava tempada con Mari Tere.
- María Teresa "Mari Tere" Valverde: Foi amiga de Izaskun, e viviron toda a súa vida nun asilo, até que decidiron fuxir de alí. Ocuparon o piso piloto da comunidade, que conseguiron pola cantidade dun euro. É unha señora ignorante, ás veces trastocada. O seu hábito máis cotián é, sobre todo, facer biscoitos. Na oitava tempada volve á comunidade cunha amiga súa, Petra Martínez.
- Edurne Sagastume: É a filla de Izaskun, descoñecida até a sétima tempada. Ingresouna antes da serie nun asilo, do que fuxiu aos poucos días. Aparece na sétima tempada para cobrar a herdanza da súa nai. Edurne cóntalles a Maite e a Amador que Izaskun morreu en Estepona mentres cantaba un bingo, pero o seu corazón non resistiu, e morreu dun infarto. Volverá na oitava tempada da serie.
- La Chusa: É unha ionki, ademais toxicómana. É amiga da infancia de Coque, que foi o seu mozo. Aparece por primeira vez na cuarta tempada, onde lle crava un garfo a Berta. Volve aparecer na sexta tempada, onde se atopa con Enrique, que lle quere roubar o abrigo. Na sétima tempada precisan da súa axuda para roubar no almacén nuclear un bidón radioactivo. Volve aparecer na oitava tempada. A pesar de ser un personaxe secundario, é un dos personaxes secundarios máis vistos e coñecidos.
- Fermín Trujillo: É o marido de Estela Reynolds, un dos segredos que ela gardou baixo a manga. Aparece por primeira vez na sexta tempada. Tras anos sen verse fisicamente con Estela, xorden sentimentos na parella e intentan darse unha nova oportunidade. Na sétima tempada casa con Estela.
- Rebeca Ortiz: É unha avogada matrimonialista amiga de Judith que se divorciou fuxindo do seu marido Santi. Causará unha gran revolución entre os veciños e a estabilidade dalgunha das parellas verase afectada. O seu carisma, encanto e carácter extravertido permítenlle por un momento gañar a confianza dos veciños. Odia completamente a Antonio, ao que lle tentará sacar até o derradeiro euro. Enrique e Leo intentan conquistala, pero dilles que non se quere meter noutra relación condenada ao fracaso.
- Santiago "Santi" Casariego Bordiu: Foi o marido de Rebeca, quen acosada por el, se divorcia e vai vivir con Judith a Mirador de Montepinar. Este intentará volver con ela coa axuda de Antonio, e recuperar a súa confianza despois de poñerlle os cornos.
Episodios e audiencia da serie
editarTempada | Episodios | Estrea | Final | Audiencia media | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Espectadores | Share | |||||
1 | 13 | 22 de abril de 2007 | 22 de xullo de 2007 | 3 158 000 | 21,3% | |
2 | 15 | 3 de abril de 2008 | 3 de agosto de 2008 | 2 834 000 | 18,8% | |
3 | 14 | 10 de xuño de 2009 | 16 de setembro de 2009 | 2 172 000 | 16,1% | |
4 | 12 | 26 de maio de 2010 | 4 de agosto de 2010 | 2 239 000 | 15,2% | |
5 | 13 | 1 de maio de 2011 | 24 de xullo de 2011 | 2 790 000 | 16,1% | |
6 | 13 | 1 de outubro de 2012 | 28 de xaneiro de 2013 | 4 148 000 | 22,4% | |
7
8 |
13
14 |
2 de decembro de 2013
outubro/novembro/decembro 2014/2015 |
- | - | - | |
Total | 93 | 2006 | - | 2 890 000 | 18,3% |
Notas
editar- ↑ "Telecinco no se fía de José Luis Moreno". ECD.com (en castelán). 3 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 "'La que se avecina' debuta con un 28,8% y más de 4 millones". FormulaTV (en castelán). 23 de abril de 2007. Consultado o 26 de novembro de 2011.
- ↑ Telecinco, ed. (17 de decembro de 2009). "Mirador de Montepinar celebra la Nochevieja" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2011. Consultado o 22 de abril de 2012.
- ↑ "Telecinco retoma este domingo la emisión de 'La que se avecina'" (en castelán). 25 de xuño de 2008.
- ↑ ""La que se avecina" gana a "Mateo" en su regreso y planta cara a La 1". Vertele.com (en castelán). 2 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 22 de abril de 2012.
- ↑ Charo Marcos (3 de xuño de 2006). "Telecinco compra el 15% de Miramón Mendi y deja a Antena 3 sin su serie estrella". El Mundo (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2011.
- ↑ "Telecinco comienza a rodar en noviembre su secuela de la exitosa serie de Antena 3" (en castelán). 26 de setembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2008. Consultado o 22 de abril de 2012.
- ↑ "Los vecinos de "Aquí no hay quien viva" se mudan a la calle "Atocha"" (en castelán). 26 de setembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2012. Consultado o 22 de abril de 2012.
- ↑ Daniel Martínez (13 de decembro de 2006). "Telecinco presenta en sociedad La que se avecina". Series Adictos.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2011. Consultado o 31 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Telecinco presenta su serie estrella: ¡La que se avecina!" (en castelán). 19 de abril de 2007.
- ↑ "'La que se avecina' y 'Aquí no hay quien viva' también triunfan en Paramount Comedy". 12 de febrero de 2012.
- ↑ "ONO adelanta la emisión de "La que se avecina" en Telecinco" (en castelán). 17 de maio de 2007. Consultado o 1 de marzo de 2012.
- ↑ "Imagenio ofrece los preestrenos de 'La que se avecina'". Zona Genio (en castelán). 9 de xuño de 2009. Consultado o 1 de marzo de 2012.