José Luis Rodríguez Moreno
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2021.) |
José Luis Rodríguez Moreno, coñecido como José Luis Moreno, nado o 16 de abril de 1947 en Madrid, é o propietario da produtora Miramón Mendi, que foi creada no ano 1988.
Nome orixinal | (es) José Luis Moreno |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de abril de 1947 (77 anos) Madrid, España |
Residencia | Boadilla del Monte |
Actividade | |
Ocupación | ventriloquo (pt) (década de 1970–década de 1980), presentador de televisión, actor, director de cinema, empresario, produtor de televisión, guionista, cantante, produtor delegado |
Empregador | Miramón Mendi, director executivo |
Instrumento | Voz |
Outro | |
Parentes | Señor Wences |
Imputación | Narcotráfico (en) e Lavado de cartos |
Páxina web | grupojoseluismoreno.com |
Traxectoria
editarDende os seus comezos dedicouse ao mundo do espectáculo e da produción televisiva. Ao longo dos anos organizou galas, espectáculos puntuais ou series en distintas cadeas españolas coma TVE, Antena 3 ou Telecinco, ademais de en diversas canles autonómicas, como foi o programa Entre amigos e algunhas internacionais, como a RAI.
Ata o de agora, o seu maior éxito foi "Aquí no hay quien viva" (2003, emitindo a primeira tempada os domingos ás 22:00h, as seguintes os mércores ás 21:45h e a última os xoves ás 22:00h. Cedeu os dereitos desta serie a canles televisivas francesas e italianas para a retransmisión dunha versión desta serie neses países. Outras series que ten producido Miramón Mendi para Antena 3 foron "La sopa boba" (2004) e "A tortas con la vida" (2005-2006). En TVE dirixiu o programa de variedades "Tu Gran Noche" durante dous anos e "Noche de Fiesta" durante outros cinco anos máis. Dende o ano 2000 ata o 2004 dirixiu tódolos programas especiais de fin de ano de TVE-1. No ano 2005 dirixiu o de Antena 3. Durante o verán de 2002 dirixiu en Antena 3 o programa "Verano Noche"
José Luís Moreno tamén traballou no filme de Santiago Segura "Torrente 2: Misión en Marbella", na que interpretou a Spinelli, un terrorista disposto a facer estoupar Marbella cuns mísiles. No filme compartía cabeceira con Santiago Segura, Gabino Diego, Tony Leblanc e Inés Sastre. José Luis Moreno traballou tamén no teatro, dirixindo e producindo tanto óperas coma zarzuelas. Durante o ano 2005 produciu obras de teatro na sala La Latina.