Tony Leblanc

Actor español

Ignacio Fernández Sánchez, máis coñecido como Tony Leblanc, nado en Madrid o 7 de maio de 1922 e finado o 24 de novembro de 2012, foi un actor, director de cine e humorista español.

Modelo:BiografíaTony Leblanc

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de maio de 1922 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de novembro de 2012 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Villaviciosa de Odón, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio
cancro de páncreas Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor en Wikidata
Outros nomesTony Leblanc Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, presentador de televisión, boxeador, compositor de bandas sonoras, actor de cinema, músico de jazz, director de cinema, guionista, futbolista, humorista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1944 Editar o valor en Wikidata - 2012 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0495764 Allocine: 26837 Allmovie: p220156 TCM: 1138704
BNE: XX1168049 Musicbrainz: 9f26b141-3106-49af-b3f9-81c61b324d20 Discogs: 2488520 Find a Grave: 101216525 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Irmán da tamén actriz Sonia Leblanc. Como curiosidade pódese dicir que naceu no Museo do Prado onde o seu pai traballaba como porteiro. El mesmo traballou durante un tempo neste museo coma ascensorista.

Na súa adolescencia foi afeccionado ó boxeo, chegando a ser campión de Castela dos pesos lixeiros afeccionado, ó tempo que participaba no teatro de afeccionados. Tamén foi xogador de fútbol no Carabanchel CF de Terceira División.

Debuta profesionalmente en 1944 coa compañía de Celia Gámez e cinematograficamente en 1945 en Los últimos de Filipinas. O seu éxito esténdese desde a segunda metade dos anos 50 e todos os anos 60. Nalgunhas películas forma parella artística con Concha Velasco, noutras, trío cómico-artístico con José Luis Ozores e Manolo Gómez Bur. A mediados dos anos 70 comeza a súa decadencia agravada por unha doenza que o deixa inválido e o aparta da actividade profesional.

En 1981 foi operado de cataratas na Clínica Ruber de Madrid.

Cando Tony Leblanc decidiu retirarse do cine en 1975 ó rodar "Tres suecas para tres Rodríguez", nunca pensou que un grave accidente de tráfico ocorrido o 6 de maio de 1983 truncaría definitivamente a súa carreira. O accidente deixouno incapacitado temporalmente.

Despois de case 23 anos retirado, Santiago Segura rescatouno para a súa primeira película, Torrente, el brazo tonto de la ley en 1998 onde conseguiu un Goya ó Mellor Actor Secundario. A recollida deste premio en xaneiro de 1998 foi especialmente emotiva debido á case milagrosa recuperación do actor, quen logrou camiñar despois de ter permanecido en cadeira de rodas. Segura contou de novo con el para continuar a saga con Torrente 2: Misión en Marbella no 2001 e con Torrente 3: El protector no 2005.

Nas últimas tempadas, desde 2001, puidemos velo tamén en TVE na serie Cuéntame cómo pasó encarnando a Cervan, un vello e entrañable quiosqueiro. Desde abril de 2007, ademais, colabora con Santiago Segura no programa de humor Sabías a lo que venías, de La Sexta.

Tamén produciu, dirixiu e escribiu varias películas, iniciándose na dirección con El pobre García, comedia con Lina Morgan e Manolo Gómez Bur. Non conseguiu excesivos resultados comerciais coas súas aventuras coma produtor, polo que abandonou a carreira como director cinematográfico.

Traballou en dúas etapas como actor: a primeiro, desde 1945 até 1975; e a segunda, desde 1998 até 2012.

Morreu o 24 de novembro de 2012, aos 90 anos de idade.[1]

Premios

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar