Torrente, el brazo tonto de la ley
filme de 1998 dirixido por Santiago Segura
Torrente, el brazo tonto de la ley é un filme español dirixido, escrito e protagonizado por Santiago Segura. Primeiro filme da serie sobre o personaxe José Luis Torrente.
Sinopse
editarTorrente é un policía español fascista, machista, racista, alcohólico e do Atlético de Madrid. Ten un veciño chamado Rafi ó que lle gustan as películas de acción e as pistolas, e que vive coa súa nai e a súa curmá Amparito, unha ninfómana. Xuntos, Torrente e Rafi, roldarán pola noite as rúas da cidade.
Personaxes
editarActor | Papel |
---|---|
Santiago Segura | José Luis Torrente |
Javier Cámara | Rafi |
Neus Asensi | Amparito |
Chus Lampreave | Reme |
Tony Leblanc | Padre |
Julio Sanjuán | Malaguita |
Jaime Barnatán | Toneti |
Darío Paso | Bombilla |
Carlos Perea | Carlitos |
Manuel Manquiña | El Francés |
Espartaco Santoni | Mendoza |
Antonio de la Torre | Rodrigo |
Javier Jurdao | Israel |
Carlos Bardem | Cayetano |
César Vea | Borja |
Galardóns e nomeamentos
editar- 1998: 2 Premios Goya: mellor director novel e actor secundario (Tony Leblanc). 3 nomeamentos.