Javier Cámara

actor español

Javier Cámara Rodríguez, nado en Albeda de Iregua (A Rioxa) o 19 de xaneiro de 1967, é un actor español de cinema, televisión e teatro.

Javier Cámara
Javier Cámara, XIII Premis Gaudí (2021).jpg
Nacemento19 de xaneiro de 1967
LugarAlbelda de Iregua
NacionalidadeEspaña
Educado enRESAD
Profesiónactor, director de cinema, actor de cinema e actor de televisión
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Chega a Madrid coa intención de converterse en actor e comeza alí os seus estudos de arte dramática ó tempo que trababallo como acomodador no Teatro Fígaro.

O seu primeiro papel relevante en televisión sería na serie de Antena 3 Ay, señor, señor, onde compartía protagonismo con Andrés Pajares, pero o personaxe que realmente lle daría fama sería o de Paco Gimeno en Siete Vidas.

Abandona esta produción para dedicarse ó cine, no que xa debutara xunto a Fernando Colomo en 1991 en Rosa Rosae. Tras deixar Siete Vidas roda proxectos como Hable con ella e La mala educación, de Pedro Almodóvar; Lucía y el sexo, de Julio Medem ou Torremolinos 73, de Pablo Berger entre outros moitos títulos que compoñen a súa filmografía.

Máis recentemente rodou La vida secreta de las palabras, de Isabel Coixet e Alatriste, de Agustín Díaz Llanes. O seu último proxecto ata o momento é La torre de Suso, de Tomás Fernández.

Ademais de actor cabe salientar as súas facetas de guionista na curta Hombres Tranquilos e na película Los abajo firmantes (2003), onde tamén traballaba coma intérprete, e de compositor en filmes como Más de mil cámaras velan por tu seguridad, de David Alonso en 2003; Jara, de Manuel Estudillo en 2000 ou Memorias del Ángel caído, de David Alonso e Fernando Cámara en 1997.

É irmán do director e guionista Fernando Cámara, co que coincidiu nalgúns proxectos.

FilmografíaEditar

CinemaEditar

Ano Filme Director/a
1993 Rosa Rosae Fernando Colomo
1994 Alegre ma non troppo
1995 ESO
1997 Corazón loco Antonio Del Real
1998 Torrente: El brazo tonto de la ley Santiago Segura
1999 Cuarteto de La Habana Fernando Colomo
2000 Dinosaur (dobraxe) Ralph Zondag e Eric Leighton
2001 Lucía y el sexo Julio Médem
2002 Hable con ella Pedro Almodóvar
2003 Los abajo firmantes Joaquín Oristrell
Torremolinos 73 Pablo Berger
2004 La mala educación Pedro Almodóvar
2005 Malas temporadas Manuel Martín Cuenca
The Secret Life of Words Isabel Coixet
2006 Paris, je t'aime Isabel Coixet
Ficción Cesc Gay
Alatriste Agustín Díaz Yanes
2007 La torre de Suso Tom Fernández
2008 Os xirasoles cegos José Luis Cuerda
Fuera de carta Nacho G. Velilla
2010 Que se mueran los feos Nacho G. Velilla
2011 ¿Para qué sirve un oso? Tom Fernández
2012 Una pistola en cada mano Cesc Gay
2013 Vivir es fácil con los ojos cerrados David Trueba
Los amantes pasajeros Pedro Almodovar
Ayer no termina nunca Isabel Coixet
2014 La vida inesperada Jorge Torregrossa
2015 El tiempo de los monstruos Félix Sabroso
Perdiendo el Norte Nacho G. Velilla
Truman Cesc Gay
2016 Siete Semillas Daniel Rodríguez Risco
La reina de España Fernando Trueba
2017 Es por tu bien Carlos Therón
Fe de etarras Borja Cobeaga
2018 Ola de crímenes Gracia Querejeta
2019 Perdiendo el este Paco Caballero
2020 El olvido que seremos Fernando Trueba
2020 Sentimental Cesc Gay

TelevisiónEditar

Ano Serie Canle Personaxe Episodios
1990 Eva y Adán, agencia matrimonial La 1 Padioleiro 1 episodio
1994 - 1995 ¡Ay, Señor, Señor! Antena 3 Padre Ángel Murillo 28 episodios
1996 - 1997 Éste es mi barrio Don Justo 31 episodios
1997 Hostal Royal Manzanares La 1 Lolo 10 episodios
Todos los hombres sois iguales Telecinco Carlos 2 episodios
Blasco Ibáñez La 1 Soriano 2 episodios
1998 - 2001 Periodistas Telecinco Fermín Salvador/Paco Gimeno 6 episodios
1999 Pepe Carvalho La 1 Ventura Roses 1 episodio
1999 - 2006 7 vidas Telecinco Paco Gimeno Huete 91 episodios
2008 Lex Antena 3 Mario Estrada 16 episodios
2011 Los Quién Gustavo Peña 13 episodios
2016 The Young Pope HBO Cardenal Gutiérrez 8 episodios
2017 Narcos Netflix Guillermo Pallomari 6 episodios
2018 El milagro Sky Italia Dottor López 8 episodios
2019 Vota Juan TNT España Juan Carrasco
2020 The New Pope HBO Cardenal Gutiérrez 10 episodios
2020 Vamos Juan TNT España Juan Carrasco 7 episodios
2021 Venga Juan 8 episodios
2022 Rapa #0 Tomás ¿? episodios

Programas de televisiónEditar

Ano Programa Papel Canle
2017 Mi casa es la tuya Convidado Telecinco

TeatroEditar

  • 1991 El caballero de olmedo, de Lope de Vega coa Compañía de teatro Clásico de Miguel Narros.
  • Dígaselo con Valium.
  • El pícaro.
  • Sombrero nuevo.
  • La isla.
  • Retorno al hogar.
  • Desde con desden.
  • 2003 Como en las mejores familias.

PremiosEditar

Premios Goya

Fotogramas de Prata

Academia de Cine Europeo

  • Premio do público ó mellor actor por Hable con ella.
  • Candidato ó premio ó mellor actor por Hable con ella.

Festival de Málaga

Festival de Peñíscola

Premios Ondas

Unión de Actores.

TP de ouro

ATV (Academia da Televisión)

Círculo de escritores cinematográficos

Premios ACE

Toulouse Cinespaña

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar