Albelda de Iregua
Albelda de Iregua é un municipio da comunidade autónoma da Rioxa, en España. Ten unha poboación de 3.098 habitantes (INE, 2008) e unha extensión de 23,03 km². O seu nome procede do termo árabe Bayḍā xunto co artigo Al, significando A Branca
XeografíaEditar
Albelda atópase situada ao sur de Logroño no val baixo do Iregua. Isto proporciona unha terra fértil para o cultivo de froiteiros.
O termo limita ao norte con Lardero e Alberite; ao leste con Clavijo; ao sur con Nalda e ao oeste con Sorzano e Entrena.
HistoriaEditar
En 1063 o bispo de Nájera concede á poboación unha carta poboa, na que aparece mencionada como Longares.
Lugares de intereseEditar
Edificios e MonumentosEditar
- Igrexa de San Martín, construída en 1970.
- Ermida de Santa Isabel.
- Ermida da nosa Señora de Bueyo, románica.
- Ermida de Santa Fe de Palazuelos, situada no termo municipal de Clavijo.
Festas LocaisEditar
- Romaría a San Marcos 25 de abril.
- Festas de San Prudencio 28 de abril.
- Festas do Triunfo (ou do Verán), último domingo de agosto.
- San Isidro 15 de maio.
- Santiago Apóstolo 25 de xullo.
- Virxe do Bueyo 25 de marzo.
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Albelda de Iregua |